Carmen Santos: "Estou máis por democratizar En Marea que por reiniciar todo de cero"
ENTREVISTA A nova secretaria xeral de Podemos-Galicia considera "positivo" que a nova dirección do partido sexa "mestiza" e aposta por "reconstruír e non crear bloques". Avoga pola confluencia e cre que o espazo creado para as xerais debería ser a base para futuros comicios
Carmen Santos, nova secretaria xeral de Podemos en Galicia
A terceira vía imponse nas primarias da formación morada. A nova líder da formación obtén o 41,1% dos votos fronte ao 39,4% da deputada Ángela Rodríguez e o 19,5% de Riobóo. A dirección queda dividida en dous, con 17 membros do equipo de Santos e outros 17 do de Rodríguez.
Un once de elite para a selección galega: elixe o teu
A volta do combinado coincide cunha das mellores xeracións de futbolistas, fronte ás dificultades para conformar un equipo de hai tan só uns anos. Malia a imposibilidade de contar cos xogadores de 2ª, as opcións son varias e de garantías. Escolle o teu once para o 20 de maio.
Podemos-Galicia abre este venres as primarias, que inauguran un novo sistema de votación
A formación morada pechou o censo en algo máis de 20.500 inscritos xa o pasado mércores para evitar altas masivas de última hora e aplica en Galicia unha nova forma de participación interna que elimina as polémicas 'listas plancha'.
O Congreso pide anular a prórroga de ENCE
A Comisión de Agricultura aproba a proposición non de lei de En Marea que solicita dar marcha atrás á decisión do Goberno de Rajoy en funcións malia os votos en contra do PP e a abstención de Ciudadanos. Vídeo no interior.
Gandeiros despréganse polas industrias para evitar a importación de leite foráneo
Vinte tractores concéntranse ante Logística Alimentaria. Os produtores manterán a "vixilancia" sobre os camións cisterna que entran en varias empresas ás que acusan de comprar produto foráneo "mentres restrinxían a súa produción en Galicia ou deixaban de recoller".
O Congreso dá un paso para deter a Lomce pero só un novo goberno evitará a reválida
Ciudadanos obvia o seu pacto co PSOE e abstense na votación da proposición de lei socialista, que sae adiante co apoio de Podemos, En Marea, En Comú Podem, IU ou os nacionalistas. A cancelación da próxima avaliación externa só será segura de non disolvérense as Cortes.
Folga no telemárketing: contra a precariedade que xera "traballadoras pobres"
O sector, que conta con 8.000 traballadores en Galicia, foi á folga durante este martes convocado pola CIG. Loita por un "convenio digno" e contra unha situación laboral marcada por soldos precarios, contratos parciais e por horas e horarios e quendas arbitrarias. Vídeo no interior.
O efecto da Semana Santa baixa o paro en 3.471 persoas en Galicia
O desemprego rexistrado descende e a ocupación increméntase en 5.000 persoas impulsada polo sector servizos, onde o paro cae en 2.770 persoas fronte ao descenso mínimo de 76 na industria. O 90% dos contratos asinados foron temporais.
Rajoy propón cambiar o fuso horario do Estado tras ridiculizalo o PP cando o pediu o BNG
O presidente do Goberno central en funcións aposta por "impulsar" a hora das Canarias ou Portugal para o conxunto de España. O BNG propuxera o cambio horario en Galicia e Feijóo cualificara a idea de "peregrina" e José Blanco de "chorrada".
Feijóo escenifica o 'sacrificio' de volverse presentar: "Non elixín o máis cómodo"
O presidente da Xunta confirma que aspirará a un terceiro mandato á fronte do Goberno galego nun discurso no que apelou á emotividade. "Sempre que tiven a oportunidade de escoller, escollín Galicia", di.
En Marea rende contas á cidadanía reivindicando o traballo por Galicia no Congreso
Os deputados da formación realizan na Coruña o primeiro dos actos no que explican o seu labor, recollen as demandas da cidadanía e defenden as posibilidades e capacidade de iniciativa que lles dá o grupo confederal.