Os alcaldes desconfían de Ferroatlántica e a Xunta recoñécelles que o plan industrial "non é garantía"
Rexedores da Costa da Morte manteñen unha xuntanza con Feijóo e o conselleiro de Economía e insisten en que a segregación das actividades poría moi en risco o futuro industrial da zona. "A empresa non é nada crible", aseguran varios.
A recta final das primarias do PSOE anticipa a batalla pola dirección do PSdeG
Gonzalo Caballero, Iván Puentes e Rafael Villarino debaten na Radio Galega sobre o futuro do Partido Socialista e a batalla interna polo liderado que se decide este domingo. "O PSdeG é un alumno avanzado; levamos case dez anos desangrándonos en liortas", advirte o ex-alcalde de Fene.
Feijóo descarga nos funcionarios a venda das centrais de Ferroatlántica e pide "que non se deixen presionar"
Advirte que o Goberno non dará "ningunha indicación" á Asesoría Xurídica da Xunta e que o seu informe sobre a petición de Villar Mir para segregar as actividades na Costa da Morte será "vinculante". En Marea e BNG rexistran a solicitude para que os traballadores comparezan na Cámara.
A última poxa enerxética dá unha oportunidade ao sector eólico en Galicia
Catro das seis adxudicatarias na repartición do Goberno central teñen proxectos en Galicia e unha delas é a galega Norvento, que obtivo 128,6 megavatios. Ventonoso ve unha oportunidade pero pide "acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos terreos eólicos".
Abanca afianza o seu crecemento tres anos e medio despois de mercar os restos das caixas
A entidade resultante da compra en poxa do que quedaba das entidades galegas remata a súa etapa de transición, duplica os seus beneficios, inicia a súa expansión polo Brasil e medra con adquisións como a da división financeira do Popular.
Ferroatlántica pide permiso á Xunta para vender as centrais e alerta da destrución de emprego se non o obtén
A empresa de Villar Mir reclama oficialmente a eliminación da prohibición de segregar as actividades de ferroaliaxe e produción eléctrica na Costa da Morte e advirte que é o "único" que garante "o futuro da compañía" en Galicia e "o mantemento de todo o traballo"
Mileuristas e subcontratados: a folga do 112 revela a precariedade na xestión das emerxencias
Os traballadores insisten en denunciar graves atrasos na atención das emerxencias por erros no novo sistema informático tras o traslado da súa sede á Estrada, polo que piden compensacións nuns salarios duns 1.000 euros á empresa de telemárketing á que a Xunta paga 3,24 millóns de euros ao ano
O movemento europeísta 'Pulse of Europe' chega ás rúas de Galicia
A iniciativa cidadá, con presenza en 16 Estados, aterra na Coruña, que acolle a primeira mobilización no país a prol do proxecto comunitario. "É un europeísmo crítico; non todo é perfecto na UE e hai moito que mellorar, pero debemos valorar o logrado", di o seu impulsor.
Deportivo Galicia: o equipo dos galegos en Londres, a un paso de xogar a FA Cup
O equipo xurdido no Centro Galego da capital británica, a piques de cumprir 50 anos, gaña a súa Liga, obtén o subcampionato de Copa e cumpre xa os requisitos para obter praza no torneo máis antigo e con máis tradición do fútbol.
A Coruña clama na rúa contra a privatización da súa fachada marítima
Unhas 4.000 persoas maniféstanse pola devolución gratuíta ao Concello dos terreos portuarios e contra a especulación nunha xornada multitudinaria, festiva e reivindicativa polo espazo público para o litoral.
"Os ex-mariñeiros galegos en Noruega teñen a razón moral e xurídica"
ENTREVISTA | Øivind Østberg, avogado noruegués dos xubilados que loitan polas pensións do país nórdico, confía en vencer xa no Supremo logo de que un xulgado dese a razón ao goberno escandinavo na primeira etapa dunha batalla xurídica que, agás sorpresa, acabará en Estrasburgo.
O pacto do PP co PNV evidencia a posibilidade de adaptar a tarifa eléctrica por territorios
O acordo entre populares e nacionalistas vascos inclúe unha rebaixa tarifaria da electricidade que permitirá aforrar uns 50 millóns ás grandes industrias vascas desde 2018. Feijóo insiste en rexeitar a tarifa eléctrica galega que reclaman a oposición, sindicatos e varias administracións.