O persoal de Ferroatlántica ultima as alegacións ao informe da Xunta sobre a petición de Villar Mir
O cadro de persoal prepara a documentación que presentará ante a previsible e inminente resposta favorable do Executivo galego á petición da empresa de separar as súas actividades para vender as centrais hidroeléctricas
A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
O Concello comeza a recuperar os topónimos legais do rueiro cun acto co alcalde Ferreiro e o seu homólogo popular de Arteixo. A cidade di adeus á avenida de 'Arteijo', e proximamente a 'Villa de Lage' ou 'Finisterre', máis de tres décadas despois da aprobación da Lei de Normalización
Abanca non revelará ao Parlamento a indemnización de Méndez por "confidencialidade"
A entidade que mercou os restos de Caixa Galicia e Caixanova responde á solicitude da comisión de investigación das caixas que a lei de protección de datos lle impide informar sobre a compensación que recibiu o antigo director xeral, estimada nuns 18 millóns de euros
A avespa asiática xa se estende por toda Galicia agás na alta montaña
A plataforma Stop Velutina insta a Xunta a que dispoña de medios suficientes para loitar contra esta especie invasora, que non detén o seu avance polo país, e reclama ás administracións impulsar a investigación, afondar na loita preventiva e unha maior coordinación dos traballos
Paulo Carril: "A reivindicación nacionalista non é posible organizada con forzas españolas"
ENTREVISTA | O novo secretario xeral da CIG analiza a actual situación laboral, social e política logo de coller o temón da central nacionalista no congreso da pasada fin de semana.
O caos no 112 segue a provocar demoras nas emerxencias e os bombeiros apuntan a Rueda
A Mesa Intersindical censura a "intervención insultante" do vicepresidente da Xunta, que advertiu da folga como "principal problema" na xestión das chamadas. Logo das súas palabras, tres parques de bombeiros volveron denunciar atrasos e dificultades para contactar cos operadores
"Debemos comprometernos por unha unidade sindical estable e non só conxuntural"
ENTREVISTA | Ramón Sarmiento, recentemente elixido secretario xeral de CCOO en Galicia, aposta por que os tres grandes sindicatos do país fagan "un exercicio de xenerosidade e flexibilidade" para lograr unha maior colaboración. "O que ocorre no ámbito laboral galego obríganos", advirte
As vítimas de Angrois advirten a Feijóo de que o PP apoiou a investigación en 39 concellos
Responden nunha carta ao presidente da Xunta, logo de que este gabase a "coherencia" do seu partido por volver vetar a creación dunha comisión no Congreso. "Se fose un verdadeiro demócrata, impulsaríaa", repróchanlle
Arquivada a causa contra o edil de Culturas da Coruña polo cartel do Entroido
O xulgado acorda sobreser o caso a petición da Fiscalía, que advirte que "nin tan sequera existe a certeza de que o debuxo represente o Papa" e que, no seu caso, non hai "elementos denigrantes nin humillantes". Lembra, ademais, o "contexto" do Carnaval e que ese disfraz "é habitual" na Coruña.
Pedro Sánchez venceu no 84% das mesas das primarias do PSOE en Galicia
MAPA INTERACTIVO | O novo secretario xeral foi o máis votado en 159 centros de votación dos 190 habilitados, pasou do 90% dos sufraxios en 34 e chegou a alcanzar o 100% en dez municipios. Os apoios a Díaz centráronse naqueles concellos con rexedores afíns á presidenta andaluza.
A clara vitoria de Sánchez en Galicia acantoa a vella garda do PSdeG
O resultado das primarias no PSOE reforza as posicións da xestora e dos afíns a Leiceaga fronte a figuras como Caballero, José Blanco, Carmela Silva, Mar Barcón, López Orozco ou Pachi Vázquez a pouco do congreso e antes de que o partido afronte tamén a súa catarse interna.
Rocío de Frutos: "A militancia do PSdeG dixo claramente que non quere máis do mesmo"
ENTREVISTA | A deputada galega que votou 'non' á investidura de Rajoy saborea agora o triunfo de Pedro Sánchez nas primarias, ve posible unha moción de censura e insiste en que "pactar con outras forzas de esquerda é o lexítimo e razoable". "Non o é absterse para que goberne o PP", di