Manual do perfecto alcalde "radical", segundo o PP
A dirección estatal dos populares presenta un informe sobre 'Las malas prácticas de los alcaldes radicales aupados por el PSOE' no que censura os gobernos da Coruña e Compostela por recomendar libros, non acudir a actos relixiosos, eliminar as touradas ou evitar os desafiuzamentos
"Abaixo a morte!": Millán Astray abandona as rúas da Coruña
A antiga praza dedicada ao xeneral fascista é desde este xoves a das Atochas, logo dun acto ao que asistiron centos de veciños, todo o goberno local e todos os grupos do Concello, agás o PP, que non considera "prioritaria" a retirada da simboloxía franquista
A sombra da privatización e da "liquidación" volve ao Centro Galego de Bos Aires
O PSdeG acusa a Xunta de preparar a fin da histórica institución ao afastar o propio Centro da xestión da obra social e substituílo por unha mutua privada "creada ad hoc" mentres o PP critica a "demagoxia" dos socialistas. Feijóo xa intentara hai seis anos apartar a emigración da xestión
Podemos e EU apelan á "dinámica propia" de Galicia para confluír malia racharen a nivel estatal
Ambas formacións aseguran que a ruptura das súas direccións estatais non afecta ao preacordo acadado con Anova nin á súa aposta por unha candidatura galega.
As subas no leite prometidas tras a presión gandeira confírmanse á falta de compromisos fiables
Celta, Central Lechera Asturiana, Kaiku ou Larsa, entre outras industrias, paralizan os contratos á baixa e ofrecen pequenas melloras no importe pagado aos gandeiros, "xestos unilaterais" que "non son froito da aplicación de acordo ningun nin dunha negociación", segundo os sindicatos
"A mobilización en Corcoesto foi clave para deter a mina e seráo para que outros se boten atrás"
ENTREVISTA Nela Abella, da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da rede Contraminacción, fai balance da loita social e da veciñanza contra o proxecto da mina de Corcoesto, cancelado de vez tras a perda dos dereitos mineiros que Edgewater tiña en Bergantiños
A falta de material obriga a cancelar a operación dun home con cancro no hospital de Vigo
A ausencia de instrumental necesario impediu a intervención cirúrxica dun doente, unha cancelación que non é a primeira no Álvaro Cunqueiro. "Non é estraño ver traballadores chorando polos corredores", din desde a xunta de persoal nun centro onde aumentan as baixas entre os traballadores
A Xunta confirma a perda dos dereitos mineiros en Corcoesto, o golpe final para a mina
O Goberno confírmalle a AGE a caducidade das concesións mineiras de Edgewater. A decisión afecta ao "núcleo fulcral" da iniciativa e "inviabiliza na práctica" a mina segundo a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, que gaba "a vitoria na loita contra a megaminería destrutiva"
O asasinato de Jimmy pode quedar impune malia a versión policial e da testemuña protexida
O xuíz que deixou libres seis imputados pola policía pretende pechar o caso malia as revelacións dun mozo que identifica catro presuntos homicidas e corrobora a versión dos axentes. O avogado de afeccionados galegos advirte que pedirá novas declaracións de intentarse cerrar a investigación
As axudas ao lácteo baséanse no modelo andaluz e deixan fóra a maioría de granxas galegas
En Galicia percibirán a axuda máxima os gandeiros que cobren o litro a menos de 24,5 céntimos; en Andalucía, os que reciban menos de 31,5. O Estado "marxina" o país ao empregar unhas referencias nada axeitadas ao modelo galego, o que deixa sen axuda o 80% das explotacións
A Fiscalía pide inculpar o capitán do Prestige para manter o "prestixio" de España
Vén de reclamar no Supremo que se anule a sentenza da Audiencia Provincial que absolveu a Administración e o capitán do buque de delito medioambiental para que "non se poña en entredito" a actuación do Goberno. Nunca Máis critica a xustiza e acusa a avogacía do Estado de "parcial"
Os resultados das eleccións catalás axitan a confluencia en Galicia
O BNG pide a Podemos, Anova e EU que reconsideren o seu preacordo tras o "fracaso de Pablo Iglesias" e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) pide extraer a "lección" dos malos resultados de Catalunya Sí que es Pot para pular pola "acumulación de forzas construída desde abaixo"