O asociacionismo galego en Catalunya reflexiona sobre o 27S
Tres representantes de colectivos galegos en Barcelona reflexionan sobre o proceso político catalán e as eleccións claves deste domingo. Coinciden no "excepcional" deste 27S e en que nada será o mesmo desde o luns, pero aclaran que o enfrontamento ideolóxico non se traslada á rúa
Así é o "preacordo político" entre Anova, Podemos e EU
O texto sobre o que negocian as tres formacións di ser "un novo chanzo" na confluencia, que está "aberta" a novos actores e onde a cidadanía debe "ser a protagonista". O documento aposta por unha estrutura galega, con liberdade de actuación e soberanía "na súa actividade nas institucións"
Anova, EU e Podemos perfilan un acordo que aposta por un "suxeito político galego soberano"
Asinarán un preacordo "político e non electoral" que aposta por unha estrutura galega no plano "político, xurídico, simbólico, comunicativo e organizativo". Noriega asegura que faltan pezas e que "o BNG ten que ter un lugar" e Anova insiste en que non se quere excluír o Bloque.
Competencia defende vender o leite por debaixo dos custos de produción
O organismo regulador, dependente do Ministerio de Facenda, asegura en plena crise do lácteo que a venda a perda "pode resultar pro competitiva e traer vantaxes para o consumidor". SLG e UUAA non prevén asinar este mércores o acordo lácteo por non garantir un prezo digno para os gandeiros
Ferreiro presume do "novo rumbo" da Coruña pero advirte das "inercias" pasadas
O alcalde coruñés compara a cidade cun petroleiro no que, "como no Prestige, as decisións que se toman ao principio marcan o resultado final". O rexedor avoga pola "cooperación", pide a Feijóo "que non use a Xunta como arma política" e anuncia para xa o borrador da renda social municipal
Apicultores e concellos censuran a "inacción" da Xunta coa praga da avespa asiática
A Asociación Galega de Apicultores leva case dous meses agardando pola resposta de Medio Rural á súa proposta de reunión e de medidas urxentes que apoian varios municipios, desesperados pola expansión da velutina, presente en máis de 125 concellos de Galicia. "Os medios son escasos", din
"O narcotráfico estigmatizou Galicia; no resto de España viuse como folclore"
ENTREVISTA Nacho Carretero afonda coa súa obra Fariña na negra historia do tráfico de droga en Galicia cunha crónica áxil que xunta anécdotas co relato da conivencia política, policial e social co contrabando. "Hai unha certa 'narcocultura' que aínda persiste, hai que asumilo", di.
O debate de nunca acabar sobre a candidatura unitaria en Galicia
"Unha candidatura unitaria ou é unha ou non é unitaria. Nese caso, serían dúas candidaturas fracasadas", advirte Pereiro, de Iniciativa pola Unión, nun debate organizado pola Radio Galega na que participaron as plataformas pola confluencia ademais de BNG, Anova, Podemos e CxG
Máis de 70 concellos galegos ofreceron xa prazas para os refuxiados sirios
A Fegamp pechou o primeiro inventario de recursos ofertados por uns 40 municipios e dúas deputacións, 900 prazas que se sumarían ás 300 da Xunta e ás de ONG como Cáritas. Moitas máis localidades ofreceron tamén os seus recursos para engadirse a unha lista que aínda non é definitiva.
O descarnado relato desde dentro do "caos" do novo hospital de Vigo
Profesionais e pacientes detallan emocionados as deficiencias do Álvaro Cunqueiro. Denuncian suciedade, escaseza de material, baños, enchufes e tomas de auga ou a mala calidade da comida nun centro que, din, "non estaba preparado para o traslado". "Aínda segue en obras", quéixanse
A dirección do PSdeG arrefría o bloqueo dos socialistas coruñeses á Marea
Sitúa a postura do PSOE da Coruña no intento por "marcar posicións" no Concello e tamén na "presión" de cara a futuras decisións internas do partido, pero non cre que o enfrontamento vaia máis aló. Desde a plataforma cidadá aluden ás "forzas vivas" da cidade e á teima na "vella política"
A Coruña estrea o escano cidadán nun pleno no que o PSOE pon o primeiro atranco á Marea
Oito veciños interviron nunha sesión "histórica" que inaugurou Sonia Hermida, cuxa filla fora discriminada nun campamento municipal, e na que os socialistas botaron abaixo o cambio no orzamento pactado coa Marea por incluírse un engadido de 30.000 euros para Igualdade que tamén aceptaran