Gómez Noya engade outro galardón a unha carreira de lenda
O triatleta galego vén de ser galardoado co Premio Princesa de Asturias polo seu "brillante palmarés" e o seu "espírito de superación" a poucas semanas de afrontar a conquista da medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Rio.
O Sergas, condenado por unha operación que deixou incapacitada unha mariscadora
A muller foi operada dunha man sen o seu consentemento e "sen que existisen evidencias da súa indicación", o que obrigou a outras catro intervencións que derivaron na súa incapacidade absoluta. A Administración deberá pagarlle 60.000 euros pero a afectada recorrerá a sentenza.
Galicia lanza o seu Movemento pola Defensa das Pensións Públicas
A plataforma xurdida en varias localidades do sur espállase xa por todo o país co obxectivo de "dar a batalla polas pensións públicas e defendelas ante os recortes e as políticas que as poñen en perigo". O colectivo celebra unha charla aberta ao público este mércores en Pontevedra.
Achegan á Fiscalía probas "irrefutables" da falsidade da Xunta no dragado da ría de Ferrol
O ex director xeral investigado, García-Borregón, nega ante o xuíz que se elaborase un informe a posteriori para rebater outro previo que alertaba sobre os danos ambientais. Fontes xudiciais insisten nas "clarísimas" evidencias dunha documentación feita despois para xustificar as obras.
O financiamento do COB reabre o debate das achegas públicas aos clubs deportivos
O pleno municipal de Ourense debate este venres adxudicar unha subvención de 1,5 millóns de euros ao club para que poida competir en ACB logo de que a Deputación si achegase o aval. Tan só o PP ten previsto votar a favor. Ourense en Común, Democracia Ourensana e PSdeG opóñense.
A contratación temporal pola chegada do verán baixa o paro en 7.700 persoas en Galicia
O desemprego descende en maio en 7.689 persoas impulsado pola hostalería. O sector servizos absorbe máis do 65% do descenso do desemprego mentres o mercado laboral segue a minguar: increméntase o número de cotizantes en 4.000 persoas menos das que baixa o paro no último ano.
O proxecto dunha planta para tratar as cinzas de Sogama alerta a veciñanza de Trazo
A veciñanza mobilízase e alerta do impacto medioambiental e económico dun proxecto previsto nunha antiga canteira. A empresa solicitou xa hai meses a autorización ambiental pero o Concello non advertiu da iniciativa aos veciños ata que estes sospeitaron meses despois.
O Concello de Vigo supedita a gravación dos plenos á autorización do alcalde
Aproba, co único apoio do PSOE, unha normativa rexeitada pola oposición, colectivos sociais e sindicatos, que a consideran "lei mordaza" ou "atentado á democracia". PP e Marea meditan ir aos tribunais por un texto que prohíbe amosar carteis e protestar ou limita o acceso a expedientes
O Sergas pechará máis de 930 camas no verán e mantense en cifras récord
Sanidade reduce minimamente o número de camas que non se prevén dispoñibles para os vindeiros tres meses mentres os sindicatos volven denunciar o aumento das listas de espera e do desemprego sanitario por mor desta decisión.
Imputados catro ex altos cargos da Xunta polo dragado irregular na ría de Ferrol
O ex director xeral da Natureza únese aos outros tres cargos na etapa de Hernández como conselleiro investigados por presuntos delitos contra os recursos naturais, prevaricación e falsidade documental. A declaración dun dos implicados acaba por imputalo a el e a García-Borregón.
Dende Lugo, unha 'muralla de dignidade' en defensa dos dereitos
As Marchas da Dignidade celebran este sábado unha mobilización en Lugo. "Quérennos na casa, caladas e calados, pero vannos a seguir atopando nas rúas", destaca a convocatoria
- Vídeo
- Cultura
'Sitio Distinto': a emigración galega en Euskadi e a súa pegada cultural
Davide Cabaleiro ultima un filme documental que conta a historia dos galegos emigrados ao País Vasco. Afonda na relación entre as culturas dos dous pobos e na "realidade cultural galega" que persiste naquela terra, "máis aló dos tópicos".