Nogueira, Premio Trasalba: "Ser nacionalista é volver á realidade e usala"
A Fundación Otero Pedrayo entrega o galardón ao economista, enxeñeiro, ensaísta e político por "toda unha vida entregada á causa de Galicia, da súa identidade nacional e cultural". Falamos con el sobre o país e a Unión Europea.
A abstención, a outra triunfadora do 26X en Galicia
A participación aumentou no conxunto do Estado pero baixou en máis de tres puntos en Galicia, onde o número de abstencionisas incrementouse en case 75.000 persoas. O espazo progresista perdeu máis de 95.000 votos mentres Ciudadanos e UPyD caen nuns 22.000 fronte ao aumento do PP.
O BNG denuncia dous edís do PP por "carretar" anciáns para votar en Cabanas
O alcalde e un rexedor levaron en coche particular até o colexio electoral cando menos dous veciños de idade avanzada.
Por un Deportivo DA Coruña
A Federación de Peñas deportivista lidera unha campaña para galeguizar o nome do club e adaptalo á toponimia oficial e anima a "facer normal no deportivismo o que é normal na rúa, na empresa, na administración ou os medios". A directiva xa aclarara que o debate "non tería ningún problema".
A Plataforma polo Dereito ao Aborto clama contra a Xunta por "non garantir o que establece a lei"
A PGDA amosa a súa indignación tras un novo caso dun aborto terapéutico que tivo que realizarse en Madrid e logo de que Sanidade respondese ás críticas denunciando a clínica que asume as interrupcións do embarazo en Madrid.
A clínica que practica os abortos non atendidos no Sergas ameaza con rachar o convenio
A Consellería de Sanidade respondeu á denuncia dunha parella pola imposibilidade de realizar un aborto euxenésico en Galicia cunha demanda ao centro de Madrid a onde deriva as mulleres. Afectados e clínica amosan o seu malestar ante a Xunta por "lavar as mans e botar balóns fóra".
Sanidade responde ás críticas denunciando a clínica de Madrid onde envía as mulleres a abortar
Unha parella envía unha carta ao conselleiro criticando o "desleixo" do Goberno e "as molestias físicas e psicolóxicas" sufridas ao levar a cabo un aborto euxenésico a 600 quilómetros e sen alternativa en Galicia. A Xunta "lava as mans" e responde demandando o centro co que ten convenio.
A fusión da xestión do 061 coa dos servizos non sanitarios alerta o seu persoal
A Xunta prevé no novo centro da Estrada a "integración operativa" dos distintos números de emerxencia. O persoal sanitario advirte do "desmantelamento" e do "grave deterioro" que suporía este cambio de modelo para a atención médica da cidadanía.
Moreas de denuncias pola ausencia de papeletas de En Marea para votar por correo
A formación política e Marea Granate reciben moreas de queixas de votantes residentes no estranxeiro que reciben a documentación para votar pola circunscrición de Pontevedra sen a opción da confluencia galega.
O vídeo da loita veciñal na rotonda de Coia: contra a represión e o esquecemento
A Asemblea Aberta do barrio vigués lanza un avance da curtametraxe que repasa a resistencia dos veciños ante a polémica operación e que coincidirá coa petición oficial de cadea e elevada multa a un dos activistas imputados tras unha protesta. Vídeo no interior.
Ferreiro: "Pasaron de non crer que puidésemos estar na alcaldía a vernos como o inimigo a bater"
ENTREVISTA Xulio Ferreiro fai balance do seu primeiro ano como alcalde da Coruña, recoñécese "satisfeito" pero advirte de "cambios máis profundos e de maior transformación social". "Fixemos moito máis que retirar placas ou abolir as touradas, pero o foco das críticas estivo aí", di.
A empresa que proxectaba en Trazo unha planta de residuos de Sogama cancela o proxecto
A firma solicitara xa hai meses a autorización ambiental pero o Concello non o advertira ata que a veciñanza alertou do posible impacto económico e medioambiental. O alcalde atribúese a suspensión da iniciativa pero os veciños atribúena á mobilización social.