A mobilización gandeira logra agora que DÍA e Alcampo paguen dous céntimos máis polo leite
O bloqueo do almacén loxístico e a presión sobre as dúas empresas en Santiago consegue dous novos acordos horas despois de que Feijóo atribuíse ao labor da Xunta o incremento nos prezos que reciben os gandeiros.
Sesenta nomes galegos da lista de debedores con Facenda
Entre as case 5.000 persoas físicas e xurídicas da listaxe de contribuíntes que deben máis de un millón de euros ao fisco aparecen máis de 60 galegos cunha débeda total duns 130 millóns. Kina Fernández, Blusens ou Pórtico son algunhas das compañías da lista.
O 20D baixa a Ciudadanos do ceo das enquisas
A formación laranxa obtén un deputado por Galicia malia a súa polémica campaña, pero reduce as expectativas que lle daban todos os inquéritos, que prognosticaban maior apoio electoral e dous escanos.
Así cambiou o voto galego entre o Congreso e o Senado
Xosé Luís Rivas, 'Mini', obtivo na provincia da Coruña case 20.000 votos máis que NÓS; García Buitrón, senador electo de En Marea, acadou 23.500 menos que a súa formación. O apoio aos candidatos nacionalistas ao Senado supera o recibido pola propia candidatura.
O éxito urbano de En Marea fortalece os novos gobernos municipais
A candidatura de confluencia convértese na primeira forza en Vigo, é segunda nas outras seis cidades do país e consolida o seu éxito en todas as áreas urbanas, onde o PP sofre un importante retroceso.
O PSdeG remata o "camiño" centrado en pedir o voto "responsable" para liderar o cambio
Besteiro insiste en apelar ao voto útil ao PSOE, "o único partido que asegura o cambio" para os socialistas galegos, que centraron tamén a campaña nos reproches a En Marea, conscientes do seu auxe e da posibilidade de perder a segunda posición no país
A policía impide o bloqueo dos gandeiros aos párkings das áreas comerciais
Varios furgóns controlan os accesos aos aparcadoiros do Carrefour e do Alcampo para evitar que se impida a entrada dos coches no sétimo día de protesta dos gandeiros.
Iglesias apela ao cambio tranquilo con En Marea, que xa pensa en "gañar" a Xunta
O líder de Podemos apoia a candidatura galega e defende un Estado "fundamentado na libre vontade da xente e dos pobos" nunha Facultade de Economía ateigada. Ferreiro e Antón Sánchez presumen da "alianza fraterna" para "decidilo todo" ante os candidatos Gómez-Reino e Yolanda Díaz
Ciudadanos agocha os seus candidatos galegos no seu único mitin en Galicia
Ningún dos cabezas de lista intervén no acto da Coruña, onde o protagonismo recae en Arrimadas, que dixo falar en nome do ausente Albert Rivera. Marta Rivera de la Cruz lamenta que "en Galicia es muy difícil todo", desde facer campaña ata votar: "Como llueva el domingo, será difícil para muchos"
Os gandeiros manteñen o bloqueo na Coruña e o 'cerco' á Muralla en Lugo
Máis dun cento de vehículos rodea a área comercial do Carrefour na Coruña, que non abandonarán ata que o hipermercado cumpra o acordo lácteo. Uns 700 tractores seguen tamén en Lugo denunciando que o incremento dos prezos no leite "nótano os consumidores pero non os gandeiros".
A Defensora acusa a Xunta de poñer en "risco" a saúde das persoas sen recursos
Reprocha ao Goberno galego que non poña en marcha "medidas adicionais" que "garantan" que os doentes con máis desfavorecidas poidan acceder aos medicamentos, logo de que Beatriz Figueroa reclamase a exención do copagamento para os enfermos parados que só cobran 426 euros
O PPdeG faille as beiras ao PSOE e insta a votar "por Galicia e por España"
Feijóo coincide con Pedro Sánchez nas críticas aos que "só se sabe que se queren moito a si mesmos" e Miguel Lorenzo di "non entender" os pactos dos socialistas e pide "non deixar que se estenda ao conxunto do Estado o que está pasando na Coruña", en referencia ao goberno da Marea.