O escándalo das 'preferentes' do Popular consúmase e atrapa 1.500 galegos
Milleiros de afectados en todo o Estado ven como desde este 25 de novembro o seu investimento en bonos convertibles vira en perdas de ata o 80%. Os xuíces ditaminan contra o banco por falta de transparencia, produto complexo e un perfil de cliente sen formación, semellante aos preferentistas.
Os gandeiros volven á rúa o día 30 para iniciar un boicot ás distribuidoras
A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo acorda volver mobilizarse ante o incumprimento do acordo lácteo e o mantemento dos baixos prezos aos gandeiros. “A suba do importe do leite só a notou o consumidor, así que alguén está facendo caixa e non son as granxas”, aclaran.
Galicia perdeu máis do 20% das horas de traballo desde que Feijóo chegou ao Goberno
A destrución de emprego é maior e máis intensa ca no conxunto do Estado, segundo a análise de Enrique Negueruela, que inicia unha serie na que debulla os orzamentos e a situación laboral en Galicia. O sector primario perdeu máis da metade das horas traballadas desde 2008.
Pilar García Negro: "O 20-N non cambiou moito a situación, que era máis complicada para o nacionalismo"
Pilar García Negro lembra como "a maioría de mecanismos represivos" do franquismo continuaron "vivísimos" nos meses posteriores á morte de Franco e relata a "experiencia decisiva" que naquel tempo supuxo para ela a reacción dos alumnos ao dar aulas en galego no Seminario
O Concello non desbota que a Igrexa se apropiase de máis terreos municipais na Coruña
O goberno local atopou máis de 1.300 metros cadrados que foran indebidamente inmatriculados polo Arcebispado de Santiago, que asegura que as parcelas son da súa propiedade segundo a "documentación sobre o inventario" que obra no seu poder
A RedeOU intensifica en Ourense a coooperación das candidaturas cidadás
A Rede de Candidaturas Veciñais de Ourense xunta 16 plataformas impulsadas nos últimos comicios locais e que "beben do espírito das mareas". Busca a "coordinación e apoio mutuo", está aberta a novas incorporacións e pretende recuperar autonomía municipal ante o poder da Deputación
O Arcebispado esgrime que é propietario dos terreos que reclama o Concello da Coruña
A Igrexa asegura que o seu inventario "acredita a titularidade eclesial" dos terreos colindantes a tres templos que reivindica o goberno local, que comprobou a inmatriculación indebida de máis de 1.300 metros cadrados
A unión de 70 concellos, primeiro paso para unha rede municipal a prol do galego
O Encontro de Política Lingüística Municipal reuniu en Compostela alcaldes, concelleiros e técnicos de ducias de localidades que buscan traballar en rede no impulso do idioma e unir máis municipios, tamén de cara a un chamamento público conxunto co gallo do centenario das Irmandades da Fala
A Coruña reclámalle á Igrexa terreos municipais que rexistrou como propios
O Concello vén de enviar unha circular ao Arcebispado de Santiago no que o insta a "rectificar de maneira voluntaria" a inmatriculación indebida que fixo de varias parcelas e zonas colindantes con tres centros parroquiais, dous deles igrexas situadas na Cidade Vella.
"A raíz do problema non é o Daesh; de erradicalo, xurdirán outros grupos"
Roberto Mansilla, analista do IGADI, cre que as "eivas na integración da comunidade musulmá" en Europa e "a maior implicación de Occidente nos conflitos árabes" están no fondo da radicalización de terroristas que captan membros entre "os fillos e netos dos chegados nos anos 60"
"O Goberno quixo ocultar información co Prestige; o reproche dos galegos era comprensible"
ENTREVISTA Álvaro García Ortiz, fiscal no caso da catástrofe ecolóxica, debulla o proceso trece anos despois e advirte do "fracaso absoluto da xustiza" pola súa tardanza, pero tamén de que o enfado social non implica consecuencias penais nin "imputación dos que tomaron as decisións"
Fomento pactou con Audasa subir a peaxe por ampliar a avenida da Vedra na Coruña
Tal e como temía o Concello, o protocolo abre a porta a que a concesionaria incremente as tarifas ata un 1,5% anual nos vindeiros 20 anos, ademais da revisión habitual do importe. “Non se pode hipotecar o futuro desta cidade simplemente para mellorar o servizo de Audasa", advirte o alcalde