Besteiro arroupa a Sánchez cargando contra "os emerxentes de Rajoy"
O líder do PSdeG censura a "rebeldía permanente" de Podemos e o "maltrato" de Ciudadanos a Galicia no mitin máis multitudinario do PSOE no que vai de campaña. Os socialistas galegos reivindican a vitoria do seu líder no debate.
O conflito lácteo entra en campaña con máis protestas e tractorada en Lugo
A Plataforma en Defensa do Lácteo intensifica as protestas nas áreas comerciais a partir deste xoves, día no que a Muralla volverá ser rodeada por tractores de maneira indefinida. O sector busca o compromiso dos grandes partidos para que se cumpra un acordo lácteo "fracasado"
En Marea sae "a gañar" e reivindícase como "a forza que máis se parece a Galicia"
ENTREVISTAS ELECTORAIS O espazo de confluencia apela á súa "pluralidade" e "vontade integradora" e insiste en que os seus parlamentarios guiaranse "polas propostas e decisións que se tomen en Galiza". Entrevistamos os seus catro cabezas de lista ao Congreso.
A poboación parada galega sen prestación aumentou en 8 puntos dende 2011
Case a metade dos desmpregados galegos non cobra prestación ningunha, o 47% fronte ao 39% de hai catro anos, malia que o paro rexistrado só baixou en 28.000 persoas. Hai moita máis xente en paro percibindo un subsidio que unha contributiva: 8.200.
A Fiscalía arquiva a denuncia contra Baltar, agora demandado no xulgado
O fiscal non atopa probas que vinculen a relación sexual cunha oferta de emprego. A denunciante opta agora pola demanda xudicial, amplía a descrición e reclama que o presidente da Deputación sexa citado a declarar por presuntos delitos de acoso, prevaricación e violencia de xénero
Galicia perdeu 25.000 empregos durante os catro anos de Rajoy na Moncloa
O paro sobe en Galicia en máis de 3.000 persoas en novembro mentres baixa no Estado e o número de afiliados á Seguridade Social caeu en máis de 2.000. Durante a lexislatura do PP, o desemprego rexistrado baixou en case 30.000 pero perdéronse máis de 25.000 cotizantes.
O perigo da flora invasora: do eucalipto á herba da Pampa
A SGHN lanza a realización do 'Atlas de flora exótica invasora de Galicia' entre expertos e afeccionados co obxectivo de cuantificar as especies en Galicia e concienciar a sociedade dun problema que vai a máis "canto máis nos afastamos dun modo de vida sustentable baseado no consumo local"
Un ano do asasinato de Jimmy: cen detidos, só un menor acusado e ninguén preso
No aniversario da morte do afeccionado deportivista, a policía mantén a súa versión e culpa os cinco ultras sinalados por unha testemuña protexida e que foron liberados polo xuíz. O temor a que a morte quede impune continúa ante as criticadas actuacións do maxistrado.
A Igrexa recorre a reclamación do Concello da Coruña por apropiarse de terreos municipais
"En ningún sitio figura que se tivese cedido nada ao municipio", aclara o Arcebispado de Compostela, que alegará á solicitude do Concello, que lle pide a "rectificación voluntaria" da inmatriculación indebida de máis de 1.300 metros cadrados
Os alcaldes "rebeldes" chaman ao "cambio" para que as súas políticas "salten" ao Estado
Os rexedores das candidaturas de confluencia do 24M reivindican a forza das mareas e o seu traballo municipal "en rede" para continuar a "revolución cidadá" nas eleccións xerais: "Por nós non vai quedar para que o cambio se consolide"
Tan só un de cada quince mozos galegos en paro percibe algunha prestación
A taxa de protección dos desempregados en Galicia é do 26,8%, tres puntos menos que no trimestre anterior, 12 menos que hai catro anos e máis de un punto inferior á media estatal. Hai case 163.000 parados no país que non reciben prestación ningunha.
O galego non existe ou é residual en 3 de cada 4 escolas infantís das cidades
A lingua galega esmorece nas urbes. O 40% dos centros de Infantil recoñecen non usar nunca o idioma propio e o 75% ou non o empregan ou só de xeito testemuñal, segundo un informe d'A Mesa que advirte do "proceso de estranxeirización do galego"