"Non loito polo meu fillo Hadrián, loito por todos os nenos sen atención educativa"
ENTREVISTA Nieves Villar é a nai de Hadrián, o neno enfermo que loita por unha xusta e axeitada atención educativa, á que o conselleiro de Educación 'plantou' o pasado luns. De non concertar esta semana outra cita con el, anuncia que se encadeará ante San Caetano o vindeiro luns
A reforma da Vedra: dous modelos políticos e de cidade para A Coruña
O goberno da Marea suma cada vez máis apoios á proposta de "humanización" da principal vía de entrada á urbe. Aposta por carreiros peonís e para bicis, transporte urbano e vexetación para minguar a contaminación. Fomento di non e insiste en ampliar carrís pero negocia xa co Concello.
Iago Negueruela, o 'conseller' galego do Govern balear
Este inspector de traballo compostelán de tan só 35 anos dirixe a carteira de Treball, Comerç i Indústria nas Illas. O seu revolucionario Plan contra a Explotación Laboral logrou en seis semanas tranformar en indefinidos un de cada catro contratos revisados e que estaban en fraude de lei
Así se conformarán as listas de 'En Marea'
Anova, EU, Podemos e as plataformas municipalistas acordan unhas primarias con listas pechadas con membros de varias formacións que terán que ser avaladas pola militancia. A formación morada renuncia ao nome pero a papeleta levará o seu símbolo.
'En Marea' ultima o sistema para confeccionar as súas listas
A candidatura unitaria de Podemos, Anova, EU acorda procurar un modelo de primarias para que as candidaturas propostas sexan referendadas pola militancia das diferentes forzas
A loita do cerco galego: 14 días acampados ante a Xunta
Armadores e mariñeiros levan dúas semanas na rúa, con máis de cen tendas fronte a San Caetano, en representación dos 120 barcos da pesca artesanal ameazados por un "inxusta repartición" de cotas que, advirten, pode levalos "á desaparición". Bruxelas é agora a súa esperanza.
Baltar auséntase do pleno sobre a denuncia de emprego por sexo
Nin el nin o PP acudiron a un pleno extraordinario que reprobou o presidente ante a ausencia da bancada popular. A oposición advirte da "covardía" do máximo dirixente provincial, que responde cualificando de "miserable, ruín e rastreira" a actitude do resto dos grupos
"De Feijóo non espero nada, pero pode que Génova lle mostre a Baltar a porta de saída"
ENTREVISTA Ignacio Gómez, voceiro socialista na Deputación de Ourense, cre que só a época electoral e a presión sobre o PP estatal podería supor a marcha do presidente provincial tras ser denunciado por ofrecer traballo a cambio de sexo
Marea e Nós: dúas posibles candidaturas galegas ás xerais
- Podemos, Anova, EU e as plataformas municipalistas concretan unha lista unitaria na que a alusión ás mareas será o "elemento central". O BNG e outras forzas nacionalistas rematan a confluencia en torno a IxU.
- Carlos Callón, candidato ás primarias de IxU
Ciudadanos presenta a súa proposta contra a "exclusión" do castelán no Concello de Ferrol
A primeira iniciativa do partido laranxa será este xoves unha moción para que o galego deixe de ser lingua oficial na administración local. A formación non descarta levar a cabo propostas semellantes noutros concellos e xustifícaa en "moitos anos en confrontación coa lei"
O recurso do Estado a unha norma da Xunta favorece os intereses mineiros en Corcoesto
O Goberno central presenta recurso de inconstitucionalidade á modificación lexislativa galega que permitiu pechar definitivamente o proxecto de megaminería e dá opcións ás demandas de Edgewater, baseadas na suposta ruptura dun tratado entre España e Panamá
Xoán Bascuas: "O fracaso da candidatura unitaria será responsabilidade de todos"
ENTREVISTA O secretario xeral de Compromiso por Galicia analiza a cada vez máis difícil confluencia logo de que a militancia do seu partido acordase non concorrer ás eleccións xerais de non haber unha lista única da esquerda rupturista e o nacionalismo