"Todas as mulleres temos algo que contar sobre ese primeiro acoso; a todas nos pasou algo así"
ENTREVISTA Carme Fouces, concelleira de Benestar Social en Pontevedra, impulsou e iniciou a exitosa campaña #PrimAcoso para sacar á luz as pequenas agresións machistas ou humillacións sufridas polas nenas. "Agardabamos impacto pero non sabiamos ata que punto ía haber valentía", di.
Ferroatlántica: a venda por cachos das centrais hidroeléctricas ameaza 400 empregos
Os persoal das factorías da Costa da Morte inicia un peche indefinido no Concello de Cee ante as intencións de Villar Mir de desagregar as centrais e a ferroaliaxe para facer caixa coas hidroeléctricas, concesións condicionadas á non separación de actividades e de interese público
14 anos do Prestige, 14 anos coas facturas sen pagar
O Supremo abriu a porta a que a aseguradora pague as compensacións pola catástrofe, co límite dos 1.000 millóns da póliza fronte aos máis de 4.000 que reclama a Fiscalía. O Estado, principal receptor dunhas indemnizacións por repartir, terá que loitar aínda xudicialmente en Londres polos cartos.
Caramelo e Viriato: liquidación e 200 persoas á rúa, o 80% delas mulleres
A falta de liquidez leva ao peche das dúas históricas empresas textís, o que leva por diante 200 empregos en Galicia, a maioría delas de mulleres, logo dunha importante deslocalización da produción e de millóns de axudas públicas.
"A integración no mundo cooperativo é cada vez máis necesaria; é preciso un tamaño maior"
ENTREVISTA Celso Gándara é o presidente de Espazo Coop, a maior unión de cooperativas galega, resultado da fusión de Ugacota, Ucetag e Sinerxia e que agrupa máis de 180 entidades e aspira a moitas máis a partir do vindeiro 2017.
A conselleira da 'auditoría' das caixas ficha por unha das grandes auditoras mundiais
Fernández Currás, ex-titular de Facenda, deixa a secretaría de Estado de Presupostos por Ernst & Young, unha das catro grandes consultoras. Outra delas, KPMG, marcou a súa xestión na Xunta ao empregar a súa suposta auditoría -que non era tal- para avalar a polémica fusión das caixas.
Tres cuartas partes das persoas paradas en Galicia non perciben prestación ningunha
O 73,5% dos desempregados -case 152.000- están desprotexidos, unha cifra que aumentou en máis de 13.000 desde que Rajoy accedeu á Moncloa. A taxa de protección é inferior á media estatal e entre os mozos tan só chega ao 7,8%.
Os cinco retos na construción da área metropolitana da Coruña
A 'Declaración de María Pita' impulsou por fin un ente supramunicipal no que a principal urbe levaba anos sen implicarse. Os concellos queren ter nun ano un texto consensuado para poderllo remitir ao Parlamento. Tres alcaldes reflexionan sobre as prioridades, os prazos ou o funcionamento desta futura entidade.
Os deberes como "falso debate" ou como síntoma dun "sistema que falla"
Os sindicatos coinciden en afrontar a problemática desde a raíz e nas críticas a un sistema educativo que sofre cos recortes e a aplicación da discutida Lomce, pero discrepan sobre a idoneidade da polémica. A Ceapa cualifica de "éxito rotundo" a primeira fin de semana de folga.
Fronte aos deberes escolares: Dúas vías de protesta e unha reivindicación común
A folga convocada pola Ceapa contra estas tarefas, apoiada por Confapa-Galicia, impulsa o debate sobre estes traballos extras. Anpas Galegas coincide na necesidade de abordar o tema pero rexeita a protesta e Nova Escola Galega ve necesario reflexionar sobre unha situación "complexa"
Os datos da EPA para as cidades: pouca mostra para tanto boureo
Sendo positivos ou negativos, as cifras do desemprego da EPA empréganse como ariete político contra os gobernos locais malia que o IGE advirte de "elevados erros de mostraxe". Os números para Compostela ou Ferrol, por exemplo, baséanse en 450 enquisas fronte ás 20.000 para toda Galicia.
O desemprego que non conta: así 'desaparecen' persoas paradas do rexistro oficial
O paro rexistrado aumentou en 4.604 persoas en Galicia no mes de outubro, deixando o total en 198.940, unha cifra que non se corresponde, como é habitual desde hai anos, co número real de demandantes de emprego sen traballo inscritos no antigo INEM, que superarían os 230.000.