Un traballador doutra autonomía vén a Galicia por cada dous galegos que marchan fóra
As contratacións de cidadáns galegos noutros territorios do Estado superan en 22.500 ás dos que chegan doutras comunidades a Galicia. Madrid acolle un terzo dos traballadores que cambian o país por outra autonomía e case a metade de todos eles concéntranse na capital estatal e Catalunya.
'Bestiario do Vestiario': as historias nas marxes do deporte
Unha campaña de 'crowdfunding' busca financiamento para a edición desta obra de Martiño Suárez, que xunta 50 historias sobre personaxes vinculados a disciplinas deportivas pero "nas marxes do heroísmo habitual do xénero".
O Popular confirma os plans en Galicia: pechará 42 oficinas e botará 435 empregados
O grupo bancario confirma que prevé prescindir de un de cada catro empregados no país: 250 do Pastor e 185 do Banco Popular. O ERE suporá o peche de sucursais en todas as provincias, máis da metade delas nas cidades pero tamén en vilas medias.
"Queremos ser o xermolo do gran grupo lácteo galego sen incorrer en erros do pasado"
ENTREVISTA José Montes é o presidente de Feiraco, unha das catro sociedades impulsoras da integración cooperativa. Aclara que "aumentar as marxes dos gandeiros" é a principal preocupación dunha iniciativa cociñada en dous anos. "Todos sabiamos que tiñamos que facer algo", di.
A gran cooperativa láctea sumará xa máis socios antes de botar a andar en 2017
Varias sociedades están "ás portas" de integrarse no grupo impulsado por Feiraco, Xallas, Os Irmandiños e Melisanto para iniciar a actividade conxunta en xaneiro.
A un paso da rúa con dous pequenos nunha cidade con miles de pisos baleiros
É o caso de Vanesa, muller con dous fillos de 6 e 9 anos, ameazada cun desafiuzamento inminente por non poder afrontar o aluguer tras rematar os cinco anos de prazo nos que pode cobrar o bono-axuda da Xunta. Non ten alternativa en Vigo, onde hai preto de 20.000 casas sen xente.
Desmontando prexuízos sobre as enfermidades mentais
Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, Feafes lanza unha campaña para desterrar os falsos mitos sobre estas doenzas e advirter do problema engadido que causa o descoñecemento social. Os problemas deste tipo afectan 30.000 persoas en Galicia e afectará a un de cada catro cidadáns.
O desembarco chinés que ameaza a idiosincrasia do Celta
O actual presidente, Carlos Mouriño, ultima a venda da maioría accionarial da entidade a un grupo empresarial da China e mantén en silencio unha operación que crea malestar e incerteza na bancada. O equipo vigués pode seguir o ronsel doutros moitos clubs controlados por fondos asiáticos.
O deporte feminino galego amosa a súa loita 'contra os elementos' nun documental
Verónica Boquete ou Sofía Toro son algunhas das protagonistas dun proxecto da Deputación da Coruña que busca "visibilizar" as mulleres e os seus triunfos pero tamén "as barreiras coa que se atopan" a través de entrevistas con deportistas e adestradoras. Pode ver o trailer no interior.
A precaria mocidade ocupada: dous anos na empresa e 780 euros brutos para empezar
O tempo medio de permanencia nunha compañía dos traballadores novos apenas alcanza os 24 meses e queda en 12 no caso dos que empezan a vida laboral. Os míseros primeiros salarios acentúanse entre as mulleres, con 677 euros brutos de media.
Un terzo da poboación ocupada galega non logra encadear un ano seguido de traballo
Case 375.000 traballadores en Galicia non está nin tan sequera doce meses seguidos con emprego. Unhas 60.000 persoas traballan todo o ano pero non superan os 10.000 euros anuais brutos en salario.
A fin do verán destrúe 6.200 empregos en Galicia mentres o Estado recupera cotizantes
O paro rexistrado aumenta en 1.291 persoas en setembro, pero o número de afiliados á Seguridade Social cae en máis de 6.000. O desemprego increméntase no sector servizos pero cae na construción e na agricultura.