As mareas cidadás reúnense en Compostela nun primeiro paso para a candidatura unitaria
Unhas 50 das 70 plataformas municipais xúntanse para sentar as bases dunha confluencia que sexa "liderada pola cidadanía" e co obxectivo de crear unha "comisión ou equipo de traballo" que "impulse" a lista unitaria xunto a outros axentes e colectivos.
Un novo 'Banquete de Conxo' prevé xuntar as forzas e colectivos que impulsan a confluencia
O grupo promotor da manifestación unitaria do 25X chama a unha reunión o 23 de agosto de todos os proxectos que apostan por unha candidatura galega unitaria e advirten que esta "non debe ter ningún tipo de depedencia nin obediencia alleas aos intereses da Nación Galega"
"Moitos nenos en Galicia ven o galego como unha lingua estranxeira"
Rinoceronte Editora produce 'A lingua dos nenos', documental que, desde o punto de vista dos pais, afonda no abandono da lingua propia por parte dos rapaces, mesmo cando a súa familia é galegofalante. Falamos coa súa directora. Pode ver o filme no interior.
O PP tamén usou o Concello de Lalín para facer campaña do partido na comarca
O novo goberno local achega máis documentación que demostra que os populares tamén empregaron persoal e recursos públicos para colaborar na campaña do PP de Silleda ou Agolada, logo de revelar que xa os empregaran para propaganda do partido na localidade
A familia Franco di agora que abre o pazo de Meirás pero xa non permite reservar visitas
A empresa que organiza as visitas recúa e asegura que si abre os catro días que obriga a norma pero xa non permite reservar praza, malia que di ter vacantes aínda en xullo e para setembro. A CRMH insiste en que o inmoble pase a ser do pobo: "Nin catro, nin seis nin oito, que paguen un hotel".
Nove de cada dez mozos galegos en paro non percibe prestación ningunha
O número de desempregados desprotexidos aumentou no país en case un 30% desde a chegada do PP á Moncloa. A taxa de protección en Galicia sitúase por baixo do 30%, case tres puntos menos que no trimestre anterior e oito menos que hai catro anos.
"Podemos cabe na candidatura galega, pero querer impoñer a súa marca é colonialismo"
ENTREVISTA Suso de Toro, un dos promotores da marcha do 25X, cre un "éxito" a manifestación que ve como primeiro paso dunha lista unitaria. Aposta pola confluencia da esquerda, pero aclara que "Madrid non pode seguir decidindo por Galiza aínda que o fagan rapaces máis novos e 'ye-yés"
O PP de Lalín usou recursos públicos do Concello para fins electoralistas
O novo goberno local achega documentos atopados que demostrarían que o ex alcalde José Crespo empregou o seu gabinete para deseñar campañas ou elaborar argumentarios, discursos e guións políticos. O rexedor Cuiña esixirá responsabilidades ante un feito "escandaloso e antidemocrático"
A exitosa marcha da 'Nación Galega' pon o primeiro "chanzo" para unha lista unitaria
A histórica manifestación cidadá polo Día Nacional ateiga Compostela con máis de 25.000 persoas nunha mobilización que os partidos participantes xa ven como "un paso histórico" de cara á confluencia electoral para as eleccións xerais.
"Noruega non tivo conciencia social e España non loitou dabondo polos mariñeiros galegos"
ENTREVISTA Øivind Østberg é o avogado noruegués que presentará nas vindeiras semanas a demanda colectiva contra o Estado de Noruega dos mariñeiros galegos que levan anos reclamando as pensións que lles adebedan logo de décadas traballando nos seus buques
Un ano de Marea Atlántica: da Ribeira do Cómaro a María Pita
A plataforma cidadá presentouse á cidadanía hai xusto un ano na Coruña. 365 días despois, goberna a cidade logo de servir de impulso para outras moitos espazos de confluencia que tamén triunfaron no país. "Se nos sinalades o camiño, coseguiremos os nosos obxectivos", din.
Así é o megaproxecto de batata que prevé instalarse na Costa da Morte
O informe presentado por Termo-Biológicas a algúns concellos prevé un investimento de 320 millóns de euros e a creación de 2.000 empregos directos nunha industria que requiriría un mínimo de 27.000 millóns de litros de auga ao ano e elevadas cantidades de carbón.