Galicia mobilízase para acoller refuxiados que foxen da guerra de Siria
Logo da iniciativa de Lalín, outros municipios como A Coruña ou Compostela prepáranse xa para a acollida dos demandantes de asilo. A Xunta di que o país podería recibir 300 persoas, cifra mínima que lle correspondería á comunidade co cupo da UE que Rajoy aínda non aceptou
Catro veciños estrean este luns a intervención cidadá nos plenos da Coruña
Unha das participantes será Sonia Hermida, nai dunha nena con diversidade funcional á que o anterior goberno local negou praza nun campamento e á que non se deixou intervir no pleno. O comercio local, as taxas municipais e a vivenda social serán os outros temas a debater este luns
O paro rexistrado baixa en agosto en Galicia, que consolida o emprego temporal e precario
Descende en 2.639 persoas, máis da metade delas incoporadas ao sector servizos pola tempada estival. O 95% dos contratos asinados foron temporais e tan só a metade dos apuntados á oficina de emprego cobra prestación por desemprego.
Máis de 70 incendios queimaron xa 8.500 hectáreas este ano en 50 concellos
O foco de Cualedro arrasou máis da metade de toda a superficie que ardeu no país en Galicia durante o mes de agosto. Desde o pasado maio, 72 incendios importantes afectaron numerosos municipios, especialmente na provincia de Ourense
O sector, expectante ante un difícil acordo que equivalería a fixar prezos mínimos ao leite
O Estado busca un acordo entre todas as partes para detallar o prezo do produto en toda a cadea. Suporía fixar un prezo mínimo de impedir vender a perdas e de aplicarse sancións, demandas que os sindicatos e gandeiros non cren que acepten distribuidores e industria.
A praga da avespa velutina multiplícase por tres e afecta máis de cen concellos
A Asociación Galega de Apicultores advirta de que a situación "empeora" en Galicia, onde o 112 recibe 70 chamadas diarias advertindo da presenza dun niño. Os expertos reclaman "máis medios e máis coordinación" e piden a Medio Rural que acorde medidas cos concellos afectados.
Carlos e Serafín, Ana e Tamara: os galegos que aínda agardan polo indulto
Os tribunais condenaron os catro por ter participado nun piquete durante unha protesta laboral. A súa entrada en prisión está paralizada ata que se resolva sobre unha medida de graza que o Ministerio de Xustiza prometeu estudar tras recoñecer que algunhas condenas eran "desproporcionadas"
O novo hospital de Vigo: menos camas, párking a 12 euros e as resonancias nun camión
A xunta de persoal da área sanitaria e plataformas pola sanidade pública denuncian as graves eivas do Álvaro Cunqueiro, que rematará o seu traslado desde o Xeral o vindeiro día 3, día no que hai convocada unha manifestación por un centro "100% público, sen recortes e con laboratorio central".
Mini: "Se algunha vez cómpre a unidade no país é agora, tocan as campás por última vez"
ENTREVISTA O portavoz do BNG en Boimorto, desaloxado da alcaldía por unha moción de censura do PP e dun tránsfuga do PSOE, é optimista coa candidatura unitaria, pero advirte: "Miremos para aquí, polo país real que non sabe o que é estar nunha asemblea"
O lácteo intensifica a protesta con grandes tractoradas e unha marcha polo sector
A Plataforma Galega en Defensa do Sector Lácteo levará os tractores a Lugo o día 3 de setembro e o 7 a Compostela nunha gran mobilización á que seguirá outra manifestación cidadá. O colectivo non descarta unha folga de entregas e pide que se "escoite o berro desesperado de 10.000 familias".
A teima en Triacastela non evita o esmorecemento das touradas en Galicia
A vila lucense celebrou uns polémicos festexos entre as protestas de veciños e cargos públicos. A localidade é unha das tres que aínda acolle touradas no país, onde tan só se celebran xa cinco corridas ao ano. O apoio social á abolición aumenta con 245.000 sinaturas en Galicia contra a tauromaquia.
As mareas apostan por ser "piar básico" nunha confluencia "sen exclusións"
As plataformas municipalistas avogan por unha lista unitaria en Galicia de cara ás xerais "que non sexa unha candidatura de siglas, senón de adscricións individuais" e instan a "conxugar" o seu proceso co resto que pulan por unir forzas para o Congreso.