Polémicas iniciativas dos promotores do proxecto da batata xa foron rexeitados no Estado
A documentación que Termo-Biológicas achegou aos concellos confirma que detrás da iniciativa están Lysply e Daniel González, impulsores doutras iniciativas desbotadas por varias administracións tras conflitos xudiciais e reclamacións milmillonarias rexeitadas pola Audiencia Nacional
"Sorprende que a discriminación do galego se debata na ONU e non no Estado"
Marcos Maceira, presidente d'A Mesa, fai balance da súa presenza no Consello dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, onde representantes de Estados e de diversas ONG coñeceron de primeira man a difícil situación da lingua galega.
España obvia ante a ONU as denuncias de discriminación do galego
A embaixadora do Estado non fai referencia ningunha aos dereitos lingüísticos logo de que a Rede Europea para a Igualdade das Linguas, e dentro dela A Mesa, denunciase ante o Consello de Dereitos Humanos a discriminación "sistémica e institucionalizada" dos idiomas diferentes do castelán.
Ana Miranda, rumbo a Gaza, reclama apoio diplomático ante as ameazas de Israel
Forma parte da tripulación da Frota da Liberdade que se dirixe a Palestina e que xa foi advertida por Netanyahu. BDS-Galiza pide a Feijóo e Pilar Rojo que "adopte medidas para asegurar a integridade física e moral da cidadá galega", que lembra que fai parte dunha "misión humanitaria legal"
AGE leva ao Parlamento as sombras sobre o megaproxecto da batata en Galicia
O grupo de Alternativa pregunta ao Goberno galego polas "moitas dúbidas" dunha iniciativa impulsada "baixo o maior dos segredos e sen información pública" e pregunta á Xunta se "hai algún convenio asinado ou subvención concedida" polas administracións.
"A inseguridade xurídica en Galicia foi peor para o eólico que a crise económica"
ENTREVISTA Pedro Varela, autor dun importante estudo sobre o impacto do sector eólico no país, cre que Galicia "está perdendo o tren" e advirte do "barullo" que poden crear as reclamacións á Xunta tras a sentenza do Supremo que ratifica a ilegalidade da anulación do concurso do bipartito.
As sombras que arrodean os impulsores do megaproxecto de batata na Costa da Morte
Dúas grandes iniciativas enerxéticas vinculadas á matriz que prevé producir biocombustible en Galicia foron rexeitadas xa por Canarias e Andalucía. A Audiencia Nacional rexeitou peticións milmillonarias de indemnizacións por parte da compañía, de ata máis de 600 millóns de euros ao día.
Quintana: "Quixemos cambiar a historia do país e tiñan que quitarnos do medio canto antes"
ENTREVISTA O ex vicepresidente da Xunta repasa o goberno bipartito e os "virulentos e malévolos" ataques que di que sufriu da oposición pero tamén de "axentes económicos e mediáticos". Agora, mira ao futuro esperanzado cunha confluencia política galega para as xerais e autonómicas.
Galicia perdeu nunha década máis do 80% do emprego no eólico
Un estudo de dous investigadores da USC, publicado nunha prestixiosa revista científica, reflicte o devalo dun sector que pasou de supoñer o 1,5% do PIB de Galicia ao 0,5% en tan só cinco anos. O informe sitúa a inseguridade normativa e a crise económica como as causantes desta caída.
O "cambalache eólico" que lle veu de volta a Feijóo
O PP e o actual presidente da Xunta basearon na suposta ilegalidade das adxudicacións do bipartito a dura campaña de 2009. O TSXG declarou legal o concurso e ilegal a anulación que o Goberno fixo da repartición de megavatios. O Supremo ratifica agora a ilegalidade daquela suspensión.
O PP gastou ata xuño no Concello da Coruña 21 millóns máis dos que ingresou
O goberno da Marea afronta "preocupado" o desequilibro económico que deixa Negreira, que recadou en seis meses menos do 22% por impostos de construcións e obras e só un 3,8% en licenzas urbanísticas. Tamén hai 3,6 millóns en facturas irregulares non incluídas no orzamento inicial.
A loita de Beatriz Figueroa continúa e chega este martes á Defensora do Pobo
A avogada e xornalista viguesa que xuntou medio millón de sinaturas para darlles unha protección especial laboral aos enfermos segue agora a súa pelexa no alto comisionado