Rajoy faille campaña a Feijóo ante os ataques de En Marea
Alexandra Fernández carga contra as políticas de "recortes" no Estado e na Xunta e aventura "a derrota do PP en Galiza". O presidente do Goberno central responde cunha recua de datos económicos e Iglesias lembra que os populares levan como candidato ao 25S "o amigo dun narcotraficante"
Os gandeiros volven á rúa a pouco do 25-S e un ano despois do fracasado acordo lácteo
A OPL apoia a manifestación de Agromuralla en Lugo, doce meses despois das grandes marchas do sector e a menos dun mes do 25-S. Os sindicatos censuran as medidas europeas para baixar a produción e UUAA promove un boicot a Lactalis, que en Francia cede ante a presión sindical.
Unha concesionaria de Defensa presiona os traballadores para que acepten o seu despido
A adxudicataria do Ministerio nas residencias militares de Galicia ameaza os seus empregados para que asinen un despedimento procedente para poder cobrar o paro. Pídelles que renuncien á indemnización e aos catro meses que se lles deben e advirte que o Fogasa pagaralles pouco e tarde.
"A Xunta está tan pendente da urxencia do lume que non fai o importante no monte"
ENTREVISTA Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, é un dos maiores expertos en xestión forestal en Galicia. Aborda aquí a problemática dos incendios e é claro. "O responsable político da extinción non pode ser o mesmo có da xestión forestal".
Podemos e o nacionalismo manteñen forza nunhas listas mestizas de En Marea
Luís Villares, número 1 por Lugo, ratificado como candidato á presidencia co 87% do apoio nunhas primarias con máis de 10.000 votantes. Antón Sánchez, de Anova, liderará A Coruña; Carmen Santos, de Podemos, Pontevedra; e Ánxeles Cuña, vinculada a EU, Ourense. A formación morada, dividida, copa os primeiros postos nas provincias atlánticas e o nacionalismo, nas do interior.
Seis concellos galegos afrontan demandas xudiciais por manter simboloxía franquista
O avogado Eduardo Ranz esixe aos municipios de Meira, Lugo, O Porriño, Pontevedra, Beade e Ourense a retirada de vestixios do franquismo antes de levalos á xustiza. Unha demanda idéntica rematou en Olmedo (Valladolid) coa primeira sentenza por incumprimento da Lei de Memoria Histórica
Arte na rúa para implicar os mozos na memoria histórica
O profesor norteamericano John Thompson leva a cabo en Fene o proxecto 'Pinta pasado, crea futuro', que culminou nun mural sobre a memoria histórica elaborado por mozos de entre 15 e 18 anos, insipirado no "novo xénero de arte pública" impulsado nos anos 70 en Los Ángeles.
Podemos cede e diluirase na Marea para as autonómicas
A intervención a última hora de Pablo Iglesias, que anunciou nun chío un acordo "sexa cal sexa a fórmula", foi clave para confirmar a alianza. A formacióm morada renuncia ás súas siglas, intégrase no partido instrumental, celebrará primarias conxuntas e acepta a Villares como candidato.
Galicia mantense no podio mundial do fútbol gaélico
O equipo masculino tan só perde dous partidos do torneo, ante as dúas seleccións finalistas, e acada un terceiro posto no Mundial celebrado en Dublín. O combinado feminino tamén gaña a fase de consolación e faise coa Shield Cup.
En Marea e Podemos, incapaces de chegar a un acordo
A negociación remata sen alianza pola "diferenza insalvable" da fórmula xurídica. O espazo de confluencia mantén a súa firme aposta polo partido instrumental como única opción e abre a porta a que o partido morado, que asume "concesións", acabe integrándose.
Echenique apura un acordo con En Marea, que descarta de vez a coalición
O secretario de Organización de Podemos chega a Galicia na busca dun pacto de última hora tras pecharse os prazos de inscrición nas primarias de ambas formacións. A confluencia só dará tempo "extraordinario" a Podemos para participar no proceso se acepta diluírse na Marea. De non facelo, irán por separado.
Galicia consolida o seu status mundial na meca do fútbol gaélico
As seleccións galegas participan por segunda vez nos Xogos Mundiais da GAA, desta vez en Dublín, logo do subcampionato masculino do pasado ano en Abu Dhabi. Este deporte irlandés, nado hai cinco anos no país, conta xa con máis dunha ducia de clubs.