A retirada dun premio reaviva a polémica sobre o presunto acoso homófobo a unha garda civil
A Federación de Automobilismo retira un galardón á axente que intentara suicidarse en decembro, presuntamente polas "coaccións" do seu capitán. A familia e a Unión de Gardas Civís denuncian a presión dos "altos cargos" mentres a investigación interna do tráxco suceso aínda segue en curso.
AGE e BNG levan ao Parlamento a nova ameaza megamineira na Costa da Morte
Alternativa expresa os seus temores sobre a iniciativa tras a admisión da solicitude de exploración en máis de 4.300 hectáreas e o BNG pide a paralización do proxecto. Ambas formacións alertan de que o administrador da empresa xa foi condenado por un grave delito medioambiental.
"Non hai que agocharlles o cancro aos nenos; afrontalo faralles ter máis empatía de adultos"
Beatriz Figueroa, activista polos dereitos dos enfermos, participa nunha charla dirixida á comunidade educativa co gallo do Día Mundial conra o Cancro. Advirte da necesidade de "non afastar" os fillos dos afectados da realidade e pide "chamarlles ás cousas polo seu nome".
Os desencontros co PSOE nos concellos "dificultan" o apoio de En Marea a Pedro Sánchez
Os problemas para aprobar o orzamento na Coruña, último atranco. Ferreiro non cre que a coalición "sexa moi entusiasta" á hora de apoiar a Pedro Sánchez "vendo o que pasa". Un membro da confluencia galega formará parte do equipo negociador de Podemos cos socialistas.
Máis dunha explotación láctea pechada ao día e dez céntimos por litro menos que hai dous anos
As últimas estatísticas sobre o sector en Galicia revelan unha situación extrema que non dá arranxado o acordo asinado en setembro. Lactalis comprométese a trasladar a suba dos prezos aos gandeiros tras as ameazas de boicot por parte da Plataforma na Defensa do Sector Lácteo.
Galicia destruíu en xaneiro case o 80% do emprego creado en 2015
O paro rexistrado aumentou en 7.639 persoas en xaneiro e a galega foi a terceira comunidade onde máis se incrementou. O país perdeu no pasado mes 15.240 afiliados á Seguridade Social logo de gañar preto de 20.000 en 2015.
O 'novo Corcoesto' vai en serio: 550.000 euros tan só para buscar ouro na Costa da Morte
A documentación que a nova iniciativa mineira presentou á Xunta prevé tres anos de traballos de catas e sondaxes no terreo e inclúe este permiso nun plan máis amplo, Proxecto Zas-Santa Comba, que reactivaría a megaminaría de ouro en Galicia.
A Coruña expedienta unha empresa de Florentino Pérez por desatender persoas dependentes
O Concello abre expediente por "incumprimento" de contrato a Clece, filial de ACS que xa fora sancionada por Raxoi e que facturara por servizos non prestados en Pontevedra. Urbaser, outra firma do grupo construtor, recoñecera que non depurara a auga en Ferrol pero si cobrara por facelo.
"Só quería xogar como unha rapaza máis, a mellor noticia será que nunca máis sexa noticia"
A galega Antía Fernández foi a primeira muller transexual en competir federada e oficialmente nunha disciplina deportiva no Estado. Fíxoo a pasada fin de semana nun partido de voleibol na Coruña que xa é histórico logo dos atrancos que sufriu no pasado.
Galicia precisa 120.000 empregos máis para igualar os que atopou Feijóo ao chegar á Xunta
O país destruíu máis de 120.400 postos de traballo, ten 56.000 parados máis e 64.000 activos menos que cando o PP recuperou a Xunta hai case sete anos. A comunidade autónoma perde aos poucos o diferencial positivo que mantiña coa media do Estado.
O descenso do paro detense en Galicia mentres o mercado laboral segue minguando
O número de parados estáncase no último trimestre de 2015, período no que se destruíron 6.500 empregos, rachando unha leve tendencia positiva que supuxo un aumento da ocupación en máis de 32.000 persoas no conxunto do pasado ano.
Negreira deixa o Concello e a presidencia provincial do PP tras o devalo electoral na Coruña
O ex alcalde coruñés anuncia que abandona a política municipal e que non se presentará á reelección á fronte dos conservadores na provincia tras o importante descenso electoral do seu partido nas municipais e nas xerais.