O Supremo reafirma a desfeita que supuxo anular o concurso eólico do bipartito
Desestima o recurso de casación que a Xunta impuxera contra a sentenza de hai tres anos do TSXG, que xa declarara ilegal a suspensión e acusara o Goberno galego de "desviación de poder" e de provocar "inseguridade xurídica" no sector
Ferreiro e a Marea rebordan ilusión na súa investidura: "A praza entrou no pazo"
O novo alcalde da Coruña promete "un tempo novo" e un Concello aberto que "deixa de ser un coto privado e o patio traseiro dos señores da desigualdade". O rexedor 'entrega' o bastón de mando e a palabra á cidadanía, que intervén nun emocionante acto en María Pita.
Novas investiduras para novos tempos municipais en Galicia
Os candidatos das plataformas cidadás serán investidos alcaldes este sábado nuns actos con fórmulas novidosas que se abrirán á cidadanía e nos que os movementos sociais terán un importante papel. Así serán os da Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común.
O guión do BNG para as deputacións
O Bloque pretende un "acordo" a nivel galego para "adelgazar e darlles un cambio radical" ás institucións provinciais antes de determinar os pactos de goberno. A formación nacionalista non descarta presidir a da Coruña e advirte que "reivindicará unha visualización acorde coa súa achega”.
Lea no Congreso para rebaixar controis ao voto emigrante
PP e PSOE discuten sobre quen toma a iniciativa de suprimir o voto rogado que ambos pactaron hai catro anos. Os dous partidos din "admitir o erro" e Fernández Díaz chega a asegurar que "toda a Cámara se equivocou" co novo sistema. O BNG critica o "cambio de criterio" das dúas formacións.
Ferreiro e Noriega rexeitan participar na ofrenda de Galicia ao santísimo sacramento
Os futuros alcaldes da Coruña e Compostela non acudirán ao acto católico deste domingo en Lugo que reúne os alcaldes das sete antigas capitais de provincia galegas para cumprir coa "defensa do laicismo" e o "principio de neuralidade relixiosa" que incluían no programa das súas formacións.
Un novo megaproxecto industrial onde fracasou a mina de Corcoesto
Termo-Biológicas prevé o cultivo de batata para xerar biocombustible en varias localidades da Costa da Morte, para o que precisaría 200.000 metros cadrados de terreo e 20.000 millóns de litros de auga ao ano. A empresa asinou xa convenios con varios concellos aos que exixe confidencialidade.
O guerrilleiro descansa en Sandiás 65 anos despois
Os restos de Perfecto de Dios repousan xa xunto á súa nai logo de que o seu irmán, coa axuda da ARMH, os rescatase da fosa na que estaban soterrados en Ávila tras ser abatido pola Garda Civil en 1950. As achegas dun sindicato noruegués fixeron posible a exhumación.
O PSOE forza o PP para que suprima o voto rogado que ambos pactaron hai catro anos
A deputada galega Carmela Silva rexistra unha pregunta para que o Goberno aclare se cambiará a lei electoral xa para as xerais, tal e como prometera Feijóo en Arxentina hai uns meses. O Executivo de Zapatero acordara a reforma co PP en 2011.
Galicia sofre ao día sete desafiuzamentos, o 60% deles por impago do aluguer
As execucións hipotecarias descenderon en todas as comunidades autónomas agás na andaluza e na galega, onde aumentaron un 3,3%. No país producíronse 667 lanzamentos durante o primeiro trimestre de 2015 e mantéñense no mesmo nivel que hai un ano.
Consello ás mareas: "Enfróntense ao poder, serán moi populares"
Xulio Ferreiro e Martiño Noriega coinciden nunha conferencia de Vicenç Navarro, que insta a aproveitar a "situación única e histórica" tras o 24M e á "alianza" entre os movementos cidadáns. Os futuros alcaldes insisten na "cooperación" e a Marea prepara xa un encontro de "cidades rebeldes"
Os 24 puntos negros (e os dez exemplos a imitar) do medio ambiente en Galicia
Greenpeace advirte nun detallado informe das maiores ameazas medioambientais no país -entre as que destaca as térmicas, Ence, a "eucaliptización" ou a contaminación das rías-, pero gaba tamén a pesca artesanal, o "potencial renovable" e a exitosa "mobilización cidadá" en Corcoesto ou O Irixo.