"De Feijóo non espero nada, pero pode que Génova lle mostre a Baltar a porta de saída"
ENTREVISTA Ignacio Gómez, voceiro socialista na Deputación de Ourense, cre que só a época electoral e a presión sobre o PP estatal podería supor a marcha do presidente provincial tras ser denunciado por ofrecer traballo a cambio de sexo
Marea e Nós: dúas posibles candidaturas galegas ás xerais
- Podemos, Anova, EU e as plataformas municipalistas concretan unha lista unitaria na que a alusión ás mareas será o "elemento central". O BNG e outras forzas nacionalistas rematan a confluencia en torno a IxU.
- Carlos Callón, candidato ás primarias de IxU
Ciudadanos presenta a súa proposta contra a "exclusión" do castelán no Concello de Ferrol
A primeira iniciativa do partido laranxa será este xoves unha moción para que o galego deixe de ser lingua oficial na administración local. A formación non descarta levar a cabo propostas semellantes noutros concellos e xustifícaa en "moitos anos en confrontación coa lei"
O recurso do Estado a unha norma da Xunta favorece os intereses mineiros en Corcoesto
O Goberno central presenta recurso de inconstitucionalidade á modificación lexislativa galega que permitiu pechar definitivamente o proxecto de megaminería e dá opcións ás demandas de Edgewater, baseadas na suposta ruptura dun tratado entre España e Panamá
Xoán Bascuas: "O fracaso da candidatura unitaria será responsabilidade de todos"
ENTREVISTA O secretario xeral de Compromiso por Galicia analiza a cada vez máis difícil confluencia logo de que a militancia do seu partido acordase non concorrer ás eleccións xerais de non haber unha lista única da esquerda rupturista e o nacionalismo
Os bonos convertibles do Popular: o escándalo das outras preferentes estoupa nun mes
O 25 de novembro vence este complexo produto que a entidade comercializou entre máis de 1.500 galegos e máis de 35.000 en todo o Estado, "persoas maiores e sen formación". Obrígaselles a converter os seus bonos en accións cunhas perdas que alcanzan o 80% do investido.
Ciudadanos pide que o galego deixe de ser a lingua oficial no Concello de Ferrol
O partido laranxa rexistra unha moción na que pide a derrogación de seis artigos da Ordenanza de Normalización Lingüística aprobada polo goberno local do PP en 1997. Reclama que se "garanta a igualdade de dereitos lingüísticos de todos os cidadáns nas súas relacións coa administación local"
A unidade popular das Marchas busca encher o Obradoiro este sábado
O 22M galego volve á rúa para reclamar "pan, traballo e teito" e reivindícase como exemplo da "construción da pluralidade para medrar e sumar". "Teremos que pensar porque noutros ámbitos non é así", din desde un colectivo apoiado en maior ou menor medida por toda a esquerda rupturista
Edgewater teima no litixio e reclama ao Estado máis de 20 millóns por Corcoesto
A multinacional emprende accións legais pola cancelación "unilateral" por parte da Xunta dos seus dereitos mineiros en Cabana. Considera que a decisión "violou claramente o dereito español e internacional" e levará o Goberno central a un arbitraxe para reclamarlle un mínimo de 21 millóns
O paro dá unha tregua con máis temporalidade nun mercado laboral minguante
O número de desempregados descende en 29.700 no terceiro trimestre, segundo os datos da EPA, que evidencian a insuficiente creación de emprego e o constante aumento da temporalidade Os traballadores con contrato indefinido baixaron un 0,7% nun ano e os temporais medraron un 15,7%
Falecida unha enferma de cancro no CHUAC tras catro días agardando o ingreso
A familia denuncia a "falta de recursos e organización" e a "desatención" sufrida pola súa nai de 73 anos logo de que permanecese tres días en Urxencias e un na unidade de preingreso agardando ser tratada en planta, onde morreu ás poucas horas "sen ser tido atendida axeitadamente"
A reforma que blinda a dirección da RTVG indigna o persoal
Representantes sindicais advirten do "escándalo" dunha modificación legal feita "ás agachadas" polo PP a través dos Orzamentos e que "bota abaixo un dos aspectos máis positivos da lei dos medios públicos" ao "incidir na dependencia do poder político"