Os bonos convertibles do Popular: o escándalo das outras preferentes estoupa nun mes
O 25 de novembro vence este complexo produto que a entidade comercializou entre máis de 1.500 galegos e máis de 35.000 en todo o Estado, "persoas maiores e sen formación". Obrígaselles a converter os seus bonos en accións cunhas perdas que alcanzan o 80% do investido.
Ciudadanos pide que o galego deixe de ser a lingua oficial no Concello de Ferrol
O partido laranxa rexistra unha moción na que pide a derrogación de seis artigos da Ordenanza de Normalización Lingüística aprobada polo goberno local do PP en 1997. Reclama que se "garanta a igualdade de dereitos lingüísticos de todos os cidadáns nas súas relacións coa administación local"
A unidade popular das Marchas busca encher o Obradoiro este sábado
O 22M galego volve á rúa para reclamar "pan, traballo e teito" e reivindícase como exemplo da "construción da pluralidade para medrar e sumar". "Teremos que pensar porque noutros ámbitos non é así", din desde un colectivo apoiado en maior ou menor medida por toda a esquerda rupturista
Edgewater teima no litixio e reclama ao Estado máis de 20 millóns por Corcoesto
A multinacional emprende accións legais pola cancelación "unilateral" por parte da Xunta dos seus dereitos mineiros en Cabana. Considera que a decisión "violou claramente o dereito español e internacional" e levará o Goberno central a un arbitraxe para reclamarlle un mínimo de 21 millóns
O paro dá unha tregua con máis temporalidade nun mercado laboral minguante
O número de desempregados descende en 29.700 no terceiro trimestre, segundo os datos da EPA, que evidencian a insuficiente creación de emprego e o constante aumento da temporalidade Os traballadores con contrato indefinido baixaron un 0,7% nun ano e os temporais medraron un 15,7%
Falecida unha enferma de cancro no CHUAC tras catro días agardando o ingreso
A familia denuncia a "falta de recursos e organización" e a "desatención" sufrida pola súa nai de 73 anos logo de que permanecese tres días en Urxencias e un na unidade de preingreso agardando ser tratada en planta, onde morreu ás poucas horas "sen ser tido atendida axeitadamente"
A reforma que blinda a dirección da RTVG indigna o persoal
Representantes sindicais advirten do "escándalo" dunha modificación legal feita "ás agachadas" polo PP a través dos Orzamentos e que "bota abaixo un dos aspectos máis positivos da lei dos medios públicos" ao "incidir na dependencia do poder político"
Feijóo coa nos orzamentos unha norma para seguir controlando a dirección da RTVG
A Xunta pretende tombar a esixencia de consensuar o novo director xeral da CRTVG no Parlamento a través dun cambio lexislativo na lei de acompañamento que permite que o mandatario nomeado polo PP siga no cargo se non hai un acordo entre partidos
A presión da FIFA aos grandes clubs acaba por discriminar os nenos adoptados en Galicia
A agresiva política de canteira de equipos como Barcelona e Madrid provoca que a FIFA presione para que pescude na orixe dos futbolistas menores, o que levou á Federación Galega a non tramitar fichas de rapaces adoptados. O BNG denuncia a "discriminación" e pide á Xunta que interveña
Tan só 13 galegas se acolleron á titularidade compartida no agro en catro anos
O Día Internacional da Muller Rural volve denunciar a discriminación no campo das labregas. A falta de información, impulso e desenvolvemento da normativa provoca que desde 2011 pouco máis dunha ducia se acollesen a esta reclamada lei. No conxunto do Estado tan só o fixeron 136.
A picadura dunha avespa velutina provoca a morte dun home alérxico no Ortegal
A praga que afecta numerosas comarcas, e que se ceba agora coas árbores froiteiras, segue a causar múltiples problemas. Este veciño de Cariño, que xa padecera un episodio semellante hai anos, sufriu unha picada dun exemplar dos milleiros que invaden as maceiras da zona
Romeu advirte a Feijóo de que o seu tempo "rematou"
O voceiro do PSdeG cre que "é tempo de cambiar" e reitera o "esgotamento" do Executivo e dun presidente ao que acusa de "reclamar fe no futuro mentres ofrece caridade en forma de subsidios múltiples" e de situar a Galicia na "irrelevancia"