O rexeitamento ás reválidas medra e aumenta o absentismo en Galicia
As anpas cifran entre o 70 e o 80% o seguimento do boicot ás polémicas probas que impón a Lomce e que baleiraron moitas aulas de 6º de Primaria en Galicia. A Xunta recoñece un 40% mentres toda a oposición pide no Parlamento a paralización da lei Wert.
Vigo e a súa área volven á rúa pola sanidade pública oito meses despois
Outra gran mobilización pide este xoves 12 "recuperar" o Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro para a sanidade pública e denuncia as deficiencias e carencias derivadas da xestión público-privada e dos recortes provocados por "un modelo que prima o negocio".
Así son as reválidas que o estudantado galego de Primaria afronta desde o mércores
Uns 22.000 alumnos de 6º de Primaria están chamados ás polémicas probas esta semana que continuarán cos de 3º a finais de mes entre chamadas ao boicot de boa parte da comunidade educativa. Galicia é unha das comunidades que as realiza tras a negativa de oito autonomías.
Os inspectores de saúde alertan dos recortes e dos riscos da legionella en Galicia
Denuncian que carecen de "estrutura organizativa, medios humanos e materiais axeitados" polos recortes e alertan dos riscos da legionella en Galicia ante a falta de traballadores nun corpo con 40 membros menos que hai dez anos. Irán á folga indefinida a partir do 18 de maio.
A selección galega reborda calidade no seu regreso ante Venezuela
Míchel Salgado e Fran convocan 20 xogadores para a reestrea da Irmandiña na que se inclúen figuras como Denís Suárez, Trashorras, Falque, Iago Aspas ou Lucas Pérez. As entradas para o encontro de Riazor xa están á venda.
Denuncian ante a Fiscalía os atrasos nas consultas oncolóxicas en Santiago
Defensor do Paciente envía unha carta ao fiscal superior de Galicia solicitándolle que actúe ante a denuncia polas demoras de ata oito meses nas revisións de doentes con cancro que "poñen en risco a súa calidade de vida e curación".
Mareas en Común toma a iniciativa para unir de vez as "forzas do cambio" na confluencia
O proceso municipalista convida a quince organizacións -entre elas, Anova, Podemos, EU ou Foro Galego- a participar este sábado no "primeiro paso" para conformar unha candidatura unitaria "capaz de gañar". Parte de Podemos e de Anova manteñen aínda as reticencias á fórmula
O sector servizos absorbe o 60% da habitual baixada do paro en abril
O desemprego descende en 3.644 persoas impulsado pola contratación temporal na hostalería. O mercado laboral segue a minguar ao incrementarse o número de cotizantes en 2.700 persoas menos do que baixa o paro no último ano.
A xustiza tomba as 'preferentes' do Banco Popular
As múltiples sentenzas sobre os bonos convertibles condenan a entidade a devolver todos os cartos e revelan o engano sufrido por "pequenos aforradores, sen coñecementos financeiros" que "confiaron" na súa sucursal. Uns 1.500 galegos foron atrapados por este "produto complexo".
Os cargos imputados por atrasar tratamentos de hepatite descargan a responsabilidade nos médicos
Rubial e Gómez-Criado compareceron no xulgado e defenderon a súa actuación ras ser imputados por prevaricación e homicidio por imprudencia. A fiscal comparece ante a prensa para defender o seu labor e pedir "respecto" ás vítimas e ás familias tras as acusacións de Feijóo.
A batalla legal contra a cancelación da mina de Corcoesto chega á Audiencia Nacional
O tribunal acepta un recurso dunha empresa galega contra a negativa da Xunta ao polémico proxecto mineiro. Fontes xudiciais non descartan que Edgewater empregue esta firma para continuar a súa liorta xudicial contra o Goberno.
O alcalde de Vimianzo abandona o BNG e aposta pola confluencia
Manuel Antelo confirma unha decisión tomada xa logo da última asemblea nacional ao rexeitar a posición do Bloque de non apostar por confluír coas mareas. "É moi grave que o BNG non sexa capaz de ler o que pide a xente", di.