"A querela de Anticorrupción é unha cortina de fume"
Miguel Ángel Quinteiro, ex membro do consello nas caixas e membro de Attac e da Plataforma polo Aforro Público, cre "positiva" a demanda contra os directivas de NCG pero aclara que "o importante é o que lles permitiron facer e, sobre todo, quen llelo permitiu facer"
"Os defensores da lingua galega deben ser coherentes á hora de consumir"
O Foro Peinador lanza unha campaña para promover o consumo de marcas e produtos que etiqueten e aposten polo idioma propio no que pretende implicar "ao sindicalismo, ao galeguismo e ao nacionalismo para que sexan congruentes co que defenden"
Feijóo promete 1.400 empregos na mina de Corcoesto, que acabará nos tribunais
O presidente da Xunta anuncia un investimento de 110 millóns nun proxecto que "aforrará 18 meses de trámites" grazas aos apois lexislativos do Goberno. A plataforma contraria á explotación asume que acabará recorrendo á Xustiza e advirte das numerosas irregularidades e do seu impacto medioambiental, tras lembrar que a compañía só garantiu menos de 300 postos de traballo.
“Os centros de formación precisamos máis recursos, pero o importante é que os colexios teñan orzamento dabondo”
Javier Pintor Elizalde é un dos asesores do CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña, un dos organismos que se encarga da formación do profesorado e de dotar os centros de ensino de recursos pedagóxicos.
As familias do rural mobilízanse contra os recortes na educación: "Non somos un rabaño"
Cativos, pais e veciños de Carballeda de Avia concéntranse contra a intención da consellería de "reducir o número de profesores" e advirten de futuros recortes na escola rural. Acoden disfrazados de ovellas para denunciar que non van acatar sen máis as decisións do Executivo.
CCOO e UGT saen á rúa nas cidades contra a reforma laboral e os recortes
Os sindicatos apuran as mobilizacións antes do comezo do verán en contra das políticas do Goberno. Comisións e UGT saen á rúa este mércores contra a reforma laboral e as medidas "inxustas e antisociais" do Executivo; o xoves prevese unha cadea humana arredor de San Caetano contra os recortes aos funcionarios e o vindeiro 1 de xullo o CIG convoca a saír á rúa contra "a estafa do rescate bancario"
Feijóo di que Pemex encargará buques en Navantia pero os sindicatos non se fían
O presidente da Xunta anuncia a "ampliación" do acordo coa empresa mexicana, que solicitaría a finais de mes ofertas de orzamento ao estaleiro público e a outros galegos para construír dous quimiqueiros. Os sindicatos piden concreción e a CIG pregúntase como vai enganar o Goberno á UE tendo en conta o veto á construción civil na ría ferrolá.
"O problema das escolas rurais non é xuntar nenos, senón a falta de recursos"
Expertos da educación no rural analizan os recortes previstos pola Xunta, pero lembran que o problema nas aldeas vén de moito máis atrás. "A situación é agora peor que hai trinta anos", aseguran, ao denunciar a falta de recursos e de formación e o "maltrato" sufrido desde hai anos polos colexios rurais por parte das administracións, "que actúan desde unha terrible ignorancia".
Galicia volve sacar mala nota na atención á dependencia
O último Ditame do Observatorio da Dependencia suspende a comunidade autónoma en case todos os seus indicadores e ponlle unha nota global de 4,6, peor que a da media estatal e estancada nos últimos dous anos
Os sindicatos asumen que os despidos en NCG dependerán do que ordene a UE
Reuníronse co presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, de quen aceptaron a condición de non dar detalles públicos da xuntanza. As centrais admiten, no entanto, que as condicións que se marquen ao rescate e o resultado das auditorías imporán o axuste laboral.
Nin a chuvia pode cun Lugo que está a un paso da Segunda División
O equipo galego gaña 3-1 ao Cádiz nun partido no que aproveitou a estratexia cando o campo estaba enchoupado e no que controlou o rival ao mellorar o terreo. O gol a última hora dos andaluces deixa aínda aberta unha eliminatoria que mereceu sentenciar.
Máis de dez ilegalidades no proxecto da mina de ouro de Corcoesto
A plataforma en contra da explotación a ceo aberto debulla as presuntas irregularidades cometidas pola empresa e que foron advertidas polo colectivo nas alegacións presentadas na Xunta, que apoia a empresa.