Vítor Belho: "Ás veces parece que molesta que fagas cousas sen ter padriño e, sobre todo, sen pertencer a unha elite"
A Casa das Crechas desenvolve este mes de marzo unha programación especial con motivo do seu 30 aniversario.
María Alonso: "A emigración é unha revolta en si, e a persoa emigrante, un suxeito político"
María Alonso ponlle voz en 'Transmigrantes. Fillos da precariedade' (Axóuxere) á xeración expulsada por un mercado laboral galego (e español) que nega un espazo aos máis novos.
O festival ALT bota o peche tras 16 anos de andaina polo “desinterese total e absoluto” do Concello
O festival Alt, referente na escena da creación contemporánea, celebra entre o 10 e o 12 de marzo en Vigo a súa derradeira edición.
Anxela Caramés: "O que pretendía afirmar é que si, hai feminismos nas artes visuais en Galicia"
O MARCO acolle ata o verán Alén dos xéneros, unha exposición sobre as prácticas artísticas feministas. Trátase da primeira mostra que tenta ofrecer unha panorámica ampla sobre o tema ademais de, se cadra, unha das últimas oportunidades de ver neste museo vigués unha proposta coma esta, se o concello modifica o proxecto do MARCO tras a renuncia de Iñaki Martínez Antelo como director do mesmo.
Riveiro Coello: “Os tolos eran para min, desde os meus ollos de neno, a máxima expresión da liberdade”
ENTREVISTA Antón Riveiro Coello homenaxea a Carlos Casares e o seu estilo literario na súa nova novela ‘A ferida do vento’.
"O 80% dos nosos concertos facémolos fóra de Galicia"
ENTREVISTA Luar na Lubre celebran o seu trixésimo aniversario cun novo disco recompilatorio. Falamos con Bieito Romero
"Amada García foi represaliada pola súa militancia política, non por bordar unha bandeira"
A lenda popular dicía que a mugardesa Amada García era unha pobre muller que fora asasinada polos fascistas só por bordar unha bandeira -republicana ou comunista, segundo as versións-. Mais o historiador Bernardo Máiz pasou anos recollendo datos que demostran que foi unha activista política molesta para o réxime. E para os que sempre mandaran na súa vila.
"As vítimas da ditadura están cansas de abrir ata as tripas nos xulgados, pero non se renden"
Un grupo de mulleres denunciaron en Uruguai, no 2011, as torturas e violacións ás que foron sometidas tras seren secuestradas polos militares durante a ditadura. As súas historias foron o punto de partida de 'Migas de Pan', a nova película de Manane Rodríguez.
Radio Cos: "Cando en Polonia a xente canta pola rúa as nosas cancións entendemos que o galego é universal"
ENTREVISTA Radio Cos presentan o seu segundo disco, Pasatempo. Este 15 de xaneiro, de estrea no Teatro Rosalía da Coruña e en febreiro, en Vigo.
Rebeca Baceiredo: "Normalízase o feminismo dende o enfoque liberal, o amparado polos medios"
Rebeca Baceiredo revisa o mito explicativo que sustenta o patriarcado no seu novo ensaio, 'Oiko-nomía do xénero', que vén de ser editado por Axóuxere.
"Queremos transmitir unha mensaxe positiva sobre o galego, unha lingua que pode ir onde queira"
ENTREVISTA Ialma presentan o seu quinto disco, 'Camiño. De Bruxelas e Santiago', no que a emigración é protagonista. "A liberdade non é tanta desde o momento en que a normalización do idioma non ten o empuxe que podía ter", din.
Dionisio Pereira: “O sufrimento dos rifeños na súa guerra de liberación nacional foi totalmente esquecido”
Dionisio Pereira analiza en Galegos na guerra do Rif as eivas que frearon unha verdadeira asunción do discurso anticolonial nos autores galegos da época.