Un empresario manobra para que as touradas volvan a Sarria este mes
Ante a negativa do Concello a subvencionar a actividade ou a ceder terreos municipais, un empresario taurino prevé instalar unha praza móbil nunha propiedade privada e espera que o espectáculo teña lugar o 22 ou o 29 deste mes. A última corrida na localidade celebrouse en 2014.
Arxentina homenaxea a Paco Lores no seu cabodano: "Unha figura incomparable da emigración"
Persoeiros políticos e culturais de Galicia e de América lembraron o que fora presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina un ano despois da súa morte.
Apenas 1 de cada 6 concellos teñen servizos de normalización lingüistica
Son apenas unhas 50 localidades (a maior parte na provincia da Coruña), das que só 16 cobren esta función con persoal fixo. A CTNL reclama máis implicación das institucións para conformar unha rede profesional e estable
O alumnado dos mestrados impartidos en Galicia multiplicouse por dez na última década
As recentes polémicas sobre os máster de Cristina Cifuentes, Pablo Casado ou Carmen Montón trouxeron ao primeiro plano o debate sobre o funcionamento sobre este tipo de estudos de postgrao. O pasado curso matriculáronse neles 5.736 alumnos e alumnas nas tres universidades galegas, o que representa o 11% de todos os e as estudantes
O Festival Galicreques dedicará 13 das súas 25 funcións a colexios e institutos
A 23ª edición do evento internacional de títeres celebrarase entre o 13 e 21 de outubro en Compostela, coa participación de compañías españolas, brasileiras, venezolanas ou arxentinas
"Ningún partido se pode presentar propoñendo a privatización das pensións. Actúan con pequenas reformas"
ENTREVISTA | Falamos co economista Xabier Pérez Dávila sobre o produto paneuropeo de pensións privadas (PEPP) proposto pola Comisión europea e que se está a debater na Eurocámara. Este luns concentracións convocadas por Modepen denunciarán os efectos que, se aprobarse, tería esta iniciativa, que avanzaría na mercantilización do sistema de pensións
O Castro de Saceda inicia os seus traballos de restauración e musealización
O castro, situado en Cualedro, é un dos mellor conservados de Galicia. A actuación do Concello busca facer máis accesible e didáctico o monumento.
Arrinca a precampaña das municipais: O BNG presenta os candidatos e candidatas nas sete cidades
Francisco Jorquera pola Coruña, Iván Rivas por Ferrol, Goretti Sanmartin por Santiago, Ruben Arroxo por Lugo, Luis Seara por Ourense, Xavier Pérez Igrexas por Vigo e Miguel Anxo Fernández Lores por Pontevedra encabezarán as listas da formación nacionalista.
Cinco anos despois da catástrofe do Monte Pindo, o espazo está lonxe de recuperarse
En setembro do 2013 o lume arrasou 2.300 hectáreas neste espazo, que estaba chamado a converterse no primeiro Parque Natural da Costa da Morte. A asociación Monte Pindo denuncia a expansión do eucalipto, fala dunha "perda irreversíbel de calidade ecolóxica" e critica que a Xunta "non fixo ningún tipo de intervención seria no lugar"
O vertido tóxico que no 2009 matou 17.000 peixes no río Barbaña queda sen castigo
A investigación non conseguiu identificar a empresa responsable da vertedura e os responsables da depuradora de San Cibrao das Viñas foron absoltos, ao determinar a xuíza que os elementos técinos que poderían ter evitado a desfeita non eran esixibles legalmente naquel momento.
O persoal de Atento colgará os cascos durante 24 horas este luns
A folga únese ás protestas que os traballadores e traballadoras iniciaron en maio, criticando os despedimentos realizados pola compañía á que acusan de levar a cabo unha "política de acoso, sancións e presións"
O persoal de Sargadelos en Cervo revoga a sindicalista sinalada pola empresa
A asemblea de traballadoras revogou a delegada de UGT, condición que puña a dirección para anular os despedimentos e readmitir os xa cesados.