Denuncian o "nulo desenvolvemento" da Lei Paz Andrade catro anos despois da súa aprobación
A norma para o aproveitamento dos vínculos coa Lusofonía non tivo apenas aplicación nin efectos, denuncian a Academia Galega da Língua Portuguesa e AGAL, entre outras entidades, nunha carta aberta dirixida a Núñez Feijóo. Acusan o Goberno galego de ter "incumprido o compromiso adquirido"
Piden salvar as 128 árbores que desaparecerían coa reforma da Gran Vía de Vigo
O Concello prevé iniciar as obras nos vindeiros meses, cun investimento de 5,4 millóns de euros e a instalación de escaleiras mecánicas en todo o percorrido. Patrimonio obrigou xa a limitar o alcance da actuación, criticada por grupos ecoloxistas e grupos de veciños e veciñas.
O BNG denuncia o "adoutrinamento" dos 1.200 escolares que visitaron a Escola Naval de Marín
O pasado venres nenos e nenas de cinco colexios da comarca visitaron as instalacións militares, participando nunha carreira e tamén en "actividades de coñecemento e manexo de armas de grande calibre", denuncia a formación
Carballo xa loce os novos murais que deixou o Rexenera Fest
GALERÍA DE IMAXES | A cuarta edición do festival de arte urbana engade novos traballos aos muros da vila, a cargo de Lula Goce, Doa, Bosoletti, Daniel Muñoz San e Milu Correch. Roteiros, master-classes, conferencias e concertos completaron a programación.
Luz Pozo Garza xa dá nome á Escola Oficial de Idiomas de Viveiro
O cambio responde á campaña #NomearmosEnLila posta en marcha hai uns meses polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para a feminización das denominacións dos edificios públicos na comarca. Dos 46 centros de ensino públicos existentes, A Mariña conta agora con tan só dous con nome de muller
Luar na Lubre regresa cun disco dedicado á Ribeira Sacra
A formación presentou o seu novo album este sábado no Teatro Principal de Ourense, un concerto que se repetirá este domingo. A banda liderada por Bieito Romero gravou Ribeira Sacra en outubro de 2017 no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos). A súa nova xira ten xa confirmados 30 concertos en todo o mundo.
Restos achados en Burela axudan a confirmar migracións de baleas entre Mediterráneo e Atlántico norte hai 1,8 millóns de anos
A investigación, dirixida por Alberto Collareta da Universidade de Pisa, empregou para a súa confirmación uns cirrípedos que foran atopados nun exemplar de balea xibarte varada en Burela en 2011 e que foran recollidos por CEMMA
Da LOMCE a ENCE: Os movementos sociais presentan as súas esixencias a Sánchez
A Confederación de ANPAS Galegas esixe a inmediata derrogación da lei de educación e a APDR pídelle ao PSOE que "cumpra o seu compromiso" para evitar a continuidade de ENCE-Elnosa en Lourizán.
Os axentes forestais denuncian "deixamento de funcións" da Xunta na loita contra os incendios
CIG e UGT difunden un comunicado conxunto no que enumeran varias eivas no dispositivo de prevención e extinción e critican que a o Goberno galego os obriga a traballar en quendas de 12 horas. O colectivo rexeitou as condicións laborais propostas pola Administración, porque consideran a oferta que recibiron “miserable e cicateira".
Alumnado de secundaria de Vila de Cruces lanza unha revista de matemáticas en galego
É unha iniciativa do IES Marco do Camballón, que inclúe sete traballos realizados por rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato. Trátase dunha publicación anual e para o vindeiro número quérese abrir á recepción de textos doutros centros de ensino de Galicia
Rexenera Fest: Carballo convértese un ano máis nun gran lenzo
Este domingo péchase a cuarta edición deste evento de arte urbana que dende o ano 2015 atrae a esta vila a algúns dos mellores creadores neste ámbito. 5 novos murais engádense aos realizados en anos anteriores. Conferencias, obradoiros, concertos e un roteiro completan a programación.
Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018
Besta do seu sangue de Emma Pedreira obtivo o Premio Xerais de Novela; Aplicación instantánea de Carlos Negro levou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; e Kusuma de Héctor Cajaraville fíxose co Premio Merlín de Literatura Infantil. Os galardóns entregaranse no mes de outubro, coincidindo coa publicación das tres obras