O nobel Pérez Esquivel pide a intervención de Pedro Sánchez para salvar o Centro Gallego de Bos Aires
Fillo de galego, informa ao presidente do Goberno central da situación da institución e do risco de perda do seu patrimonio cultural
En Marea inicia o sábado 29 de setembro a renovación dos seus órganos de dirección, que estará rematada antes de decembro
“Este é o Consello onde todo o mundo pode opinar e decidir, e onde se garante que os inscritos e inscritas teñan a última palabra do que pase no espazo político de En Marea”, di Luís Villares tras as peticións dos críticos de que se axilizasen os prazos
Case 5.000 persoas excluídas, erros e arbitrariedade: historia de seis anos sen sanidade universal
O Congreso avalou a recuperación da sanidade universal que o Goberno de Pedro Sánchez puxo en marcha a través dun decreto lei. Colectivos sociais que levan anos batallando contra as consecuencias do recorte ven "un paso positivo" na reforma e instan o Executivo a emendar as "lagoas" para que ninguén fique fóra
Eroski Paraíso, do teatro ao cinema con Chévere e Jorge Coira
Jorge Coira dirixe a "nova lectura "cinematográfica" do espectáculo teatral, producida por Chévere e OlloVivo co apoio de Eroski e Deleite
O Concello da Coruña planta a votación na que o Porto pide ao Estado que lle condone a débeda
O concellero Xiao Varela acusa a Autoridade Portuaria de teimar nunha proposta propia que mantén o protocolo asinado entre Xunta e Fomento de costas ao Concello e que blinda a venda do peirao de San Diego.
Teo advirte á Xunta que a planta de residuos na Casalonga infrinxe as súas normas urbanísticas
O Concello vén de remitir ao Goberno galego un informe de incompatibilidade urbanística negativo sobre o proxecto para residuos e espera que a Consellería de Medio Ambiente desbote de vez o proxecto
A antiga cúpula de Caixanova enfróntase a outro xuízo por un buraco de 80 millóns para reflotar Alfageme
O xuíz De la Mata, da Audiencia Nacional, considera que os ex-directivos puideron incorrer en delitos de branqueo e apropiación indebida ou administración desleal pola concesión de préstamos á empresa Promalar para a compra da conserveira
Persoal de concellos mozambicanos amplía formación en políticas de igualdade en Ames, Rianxo e Nigrán
A traballadora social Elsa Dimande coñece a través do Fondo Galego de Cooperación o traballo destes concellos galegos en materia de igualdade de xénero e tamén en atención á infancia ou ás persoas con discapacidade
"Con esta ratio, folga no patio": A comunidade educativa de Allariz esixe que a Xunta cumpra coa lei
A comunidade educativa do colexio Padre Feijóo de Allariz leva un mes mobilizándose para esixir que en Infantil non se supere o número máximo de alumnos e alumnas por aula fixado pola lei. Manterá unha xuntanza coa delegación territorial da Consellería este martes e ameaza con estender as protestas
A meirande migración de Lugo e Ourense segue dirixíndose á Coruña e Pontevedra
Dende o ano 1990 as dúas provincias orientais tiveron un saldo negativo co resto de Galicia de case 20.000 habitantes. No último ano destacan as cifras negativas de comarcas como a Terra Chá e de moitos concellos ourensáns, pero tamén de zonas coruñesas ou pontevedresas como a Costa da Morte ou Tabeirós-Terra de Montes.
Banksy aclara que non realizou o mural de Ferrol atribuído a el
A web do artista respondeu á pregunta da axencia France-Presse, negando que ese traballo fora da súa autoría. O festival das Meninas de Canido reservara o pasado verán un espazo para o artista e chegou a poñer valados publicitarios e anuncios en prensa no Reino Unido.
Núñez Feijoo coordinará a convención nacional extraordinaria do PP, que será en decembro
Pablo Casado anunciou a convocatoria deste encontro no acto de inicio de curso político, que un ano máis tivo lugar en Galicia, nunha carballeira de Cerdedo-Cotobade, onde o presidente da Xunta reivindicou "o galeguismo de Fraga e Albor"