Filólogas da Uvigo traballan na primeira bibliografía europea de libros infantís libres de estereotipos
Varias universidades de todo o continente participan no proxecto Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, que busca promover a igualdade de xénero e rachar cos estereotipos tradicionais. A iniciativa inclúe tamén a creación de clubes de lectura ou exposicións itinerantes en toda Europa
O ex-alcalde coruñés Javier Losada, novo delegado do Goberno en Galicia
O elixido non era a preferencia nin da dirección do PSdeG nin do principal barón do socialismo galego, o alcalde de Vigo, Abel Caballero
O patrimonio industrial de Pontevedra únese a unha rede europea para a súa promoción turística
A Deputación promove a incorporación de espazos de Caldas, A Illa de Arousa, O Grove, O Rosal, Silleda e Soutomaior a Industriana, a través do que se promoverá o turismo industrial e se afianzará a súa conservación e estudo.
125 comercios de Lugo convértense en "espazos seguros contra as agresións sexistas"
Concello e Deputación puxeron en marcha a campaña de prevención e sensibilización "Non é Non", aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, que comezan este venres
Continúan os recortes no ensino público. O IES Ponte Caldelas denuncia o seu caso
O claustro do centro critica a perda de dúas novas mestras, que se unen ás dez prazas desaparecidas nos últimos oito anos, un terzo do profesorado. Subliñan que a situación do instituto é unha boa mostra do que está a suceder "na maioría de centro públicos de Galicia"
O Castelao máis inédito e outros filmes históricos de Galicia, agora tamén en internet
VÍDEOS | O CGAI permite acceder a filmes recuperados da Filmoteca de Galicia nunha nova web que se estrea cunha escolma de oito pezas con imaxes antigas do líder nacionalista, da emigración galega e da paisaxe e costumes do país, todas elas de importante valor patrimonial e etnográfico.
O Tribunal Supremo declara nulos os despedimentos de mestres interinos no verán
A situación deste colectivo variaba entre unhas e outras comunidades autónomas e en Galicia, por exemplo, só cobraban os meses de xullo e agosto os e as docentes que cobren prazas vacantes pero non os e as substitutas.
Màxim Huerta dimite como ministro pola polémica da súa fraude con Facenda
O xa ex-titular de Cultura asegura que marcha para non danar o proxecto de Pedro Sánchez, reivindica a súa "inocencia" e asegura que a multa da Axencia Tributaria foi froito dunha demanda interposta por el mesmo.
Mil nomes para o memorial dos asasinados polos franquistas en Ferrolterra
O Concello de Ferrol publica a listaxe dos asasinados polo fascismo na súa comarca e na de Eume e Ortegal, elaborada polos historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez. A nómina será plasmada nun monumento de homenaxe.
A planta de biomasa prevista por ENCE inclúe un edificio de 50 metros de altura cunha cheminea de 70
O Concello de Pontevedra remitiulle á Xunta un informe esixindo a paralización da tramitación do proxecto polo seu impacto visual, a falta de permisos para as verteduras á ría e a situación de ilegalidade na que se atopa a planta, denuncia. Este sábado terá lugar marcha contra a presenza de ENCE e Elnosa en Lourizán, convocada pola APDR
Xunta e numerosos concellos galegos ofrécense a acoller as persoas refuxiadas do 'Aquarius'
Todos os municipios gobernados polo BNG e outros como A Coruña ou Compostela póñense a "disposición" das autoridades para recibir os migrantes que desembarcarán en Valencia tras a negativa de Italia e Malta a que a embarcación que os rescatou no mar atracase nas súas costas.
A Mariña homenaxea os guerrilleiros Luís Trigo e Antonia Pérez no 70 aniversario do seu asasinato
Mondoñedo e Lourenzá acollerán actos de recordo para a parella de loitadores antifascistas, que foron executados o 25 de xuño de 1948. O Concello de Ribadeo súmase á conmemoración. Trigo, alcumado 'O Gardarríos', foi presidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo.