"Parece que os videoxogos son cousa duns frikis, pero esta industria move máis cartos que o cine"
ENTREVISTA | Vén de lanzarse Morcego, a primeira revista en galego sobre videoxogos. Falamos co seu director, Carlos Pereiro.
En Marea condiciona o apoio aos Orzamentos do Estado a que se cumpra cunha "axenda galega"
A formación reúnese este vindeiro martes coa ministra Batet para iniciar unha "negociación bilateral" co Executivo central e advirte de que os votos dos seus cinco representantes son "autónomos". Pon enriba da mesa a tranferencia da AP-9 ou a condonación da débeda do Porto da Coruña.
O Día Europeo das Linguas celébrase entre numerosos incumprimentos para o galego
Nos últimos anos o Consello de Europa fixo públicos varios informes denunciando o incumprimento por parte do Goberno español e da Xunta de moitos dos compromisos adquiridos polo Estado a través da Carta Europea das Linguas, sobre todo no campo do ensino, pero tamén na xustiza, na sanidade ou na administración
Outra multa á mineira de Touro: 20.000 euros polo desbordamento dunha balsa
A sanción da Xunta chega logo doutra de 30.000 euros por un vertido de augas residuais e advirte de que a empresa non tomou ningunha medida preventiva para evitar as verteduras.
Unha marcha de Sada a Meirás urxirá o Estado a que active xa a demanda para recuperar o Pazo
A CRMH da Coruña, apoiada por diferentes organizacións, convoca unha mobilización para o vindeiro sábado 10 de novembro. Os grupos do Parlamento fracasan no intento de pactar outra declaración institucional que apreme o Goberno central tras o non do PSdeG.
'A derradeira leición do mestre' inicia a viaxe a Galicia e estará exposta desde o 5 de outubro
A icónica obra de Castelao foi descolgada e embalada este martes en Bos Aires por técnicos especialistas do Centro Galicia para ser trasladada a Santiago, onde formará parte dunha exposición na Cidade da Cultura.
Podemos Galicia votará a súa nova dirección antes da renovación dos órganos de En Marea
A formación morada convoca a súa Asemblea Cidadá, un proceso interno que rematará a finais do próximo mes de outubro coa elección dun novo equipo de dirección, antes de que o espazo de confluencia renove a súa dirección.
'Cantamos?': os contos clásicos tornan en música para a rapazada con Luis Vallecillo
CON VÍDEO O artista Luis Vallecillo presenta no Museo Etnolúdico de Galicia o seu primeiro proxecto editorial, que é tamén un novo espectáculo musical infantil e familiar centrado nos contos clásicos
O 18º venres negro na CRTVG esixe cumprir a lei de medios públicos "aparcada desde hai sete anos"
O persoal da radio e a televisión públicas centran a mobilización en reclamar que se cumpra unha lexislación aprobada en 2011 e que incluiría a creación dun Consello de Informativos "que ampare a pluralidade". "Será moito pedir?", pregúntanse.
O BNG pide á Xunta que aclare un encontro de Feijóo con Florentino Pérez
O Bloque coida que os "notorios intereses económicos e concesións públicas que ten este empresario" fan que o encontro adquira unha "importante dimensión política"
A planta de residuos da Casalonga vetada por Teo e a Xunta torna agora en "plan de restauración"
O Concello emitiu un informe negativo de compatibilidade urbanística e a Xunta tivo que pechar o procedemento de autorización ambiental. Agora, Toysal presenta unha nova iniciativa co que pretende, segundo a plataforma en contra, encher de residuos a zona mineira.
Unha galega logra que a xustiza europea protexa do traballo nocturno ás embarazadas ou nais recentes con riscos
O Tribunal da UE considera que a muller sufriu “discriminación” por razón de sexo despois de que a mutua da súa empresa non avaliase a súa situación persoal