"O que veña cando caia Rajoy terá o apoio de Aznar; se é Feijóo, pois Feijóo"
Unha conversa do caso Lezo entre Zaplana e Ignacio González revela a batalla interna contra o actual presidente do Goberno central no PP. O ex-ministro asegura que o ex-líder popular apoiará quen sexa na remuda á fronte do partido e cita o actual xefe do Executivo galego como alternativa
Máis de trinta concellos forman parte xa da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás
Un total de 31 municipios máis uníronse á iniciativa que celebrou o seu primeiro plenario e decidiu "afondar en todas as vías posíbeis encamiñadas á devolución" do inmoble "en mans da familia Franco"
Curtas Armadiña premia a Nerea Barros no certame que se celebra esta semana en Poio
O festival recoñece o talento e labor da actriz compostelá na gala que o domingo porá final a toda unha semana de actividades e proxeccións
A concesionaria do Hospital de Vigo segue negándose a pagar o IBI
O Concello esíxelle case un millón de euros pero a empresa presentou un recurso contencioso-administrativo. O debate de fondo é se o centro é de titularidade pública -como defenden Xunta e concesionaria- e polo tanto non ten obriga de abonar o imposto, ou privada -como afirma o Goberno local- e si debe facelo
Poesía e música na homenaxe a Paco Souto, "a personificación do verbo dar”
O espectáculo 'Atesourando a palabra' homenaxeou nun ateigado Teatro Colón da Coruña o poeta e político nacionalista, falecido hai oito meses no mar
A avespiña asiática xa afecta a todos os castiñeiros de Galicia
A produción de castañas de 2018 será a primeira afectada globalmente pola praga deste insecto. Os expertos xa solicitaron ao Goberno central a autorización para facer fronte a esta praga coa loita biolóxica, baseada na solta do insecto 'Torymus'
Feijóo propón "galeguizar España" como "receita" contra a crise catalá
O presidente da Xunta cre que o Estado debe deixar de mirar a Catalunya e poñer como exemplo de "modelo autonómico" a Galicia para "superar as incertezas do Estado das autonomías"
Cuac FM resiste: "Quérennos roubar as palabras"
A radio comunitaria da Coruña, que deixou de emitir en FM tras o expediente e a ameaza de sanción por parte da Xunta, presenta o seu Manifesto polo dereito a comunicar e apaña apoios para conseguir a súa volta ás ondas e a licenza pola que leva anos loitando
A Coruña súmase ás cidades galegas con restricións de auga pola seca
A Mesa Metropolitana da Auga acordan restrinxir o consumo en fontes, interromper o baldeo de rúas, reducir os regos públicos e privados e controlar o consumo en edificios e instalacións municipais tras baixar o nivel do encoro de Cecebre ata o 39%
Cando baixa a marea (rosa)
Praza Pública
O ERE do Santander afecta cinco centros de traballo en Galicia
O recorte afectará cinco centros galegos, catro deles na Coruña e un en Compostela, e ameaza 500 empregados. O expediente chega logo da compra do Popular, que xa prescindiu hai pouco de 300 empregados no país
Apoio unánime do Parlamento ás xestións de Santiago para que os Franco devolvan as esculturas do Mestre Mateo
O PP súmase á inciativa de En Marea, que recoñece que as figuras están “ilexitimamente en man da familia do ditador” e ofrece a colaboración da Xunta para restauralas unha vez que o xulgado recoñeza a propiedade do Concello