Os Beatles volven soar en galego en Liverpool con The Funkles
CON VÍDEO O grupo compostelán actuará a finais de mes por segunda vez no International Beatle Week Festival con sete concertos en escenarios como a mítica sala The Cavern
O lume levou a preocupación á veciñanza de Celanova e Gondomar
Na vila ourensá varias vivendas tiveron que ser desaloxadas e na pontevedresa temeuse durante toda a noite que as lapas chegasen ao parque natural do Monte Aloia. En Montederramo, Negueira de Muñiz, Cervantes e Pobra de Trives outros cinco incendios queimaron 155 hectáreas de terreo
Critican a "confusión" creada pola Xunta na tramitación dos novos eólicos da Costa da Morte
Neste momento estanse a tramitar cinco expedientes distintos para os dous proxectos de parques eólicos situados entre Laxe, Zas e Cabana de Bergantiños. Petón do Lobo esixe a tramitación conxunta "posto que ambos os dous están estreitamente relacionados pola liña de evacuación que os une"
A colaboración duns bañistas permitiu salvar un golfiño varado en Ares
CEMMA conseguiu devolver ao océano o animal, de dous metros de longo e cen quilos de peso, que aparecera nunha zona de cantís entre as praias da Miranda e a Barrosa. Unha familia socorreuno e chamou o 112, que se puxo en contacto coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.
Galicia, un dos lugares de Europa onde mellor se verá a eclipse solar
Denominada nos Estados Unidos como "a eclipse do século", en Vigo provocará un escurecemento do 14% minutos antes do solpor. Entidades científicas organizan eventos de observación en distintos puntos do país.
GALERÍA | Tres días de Revenidas, en 30 imaxes
Vilaxoán foi o escenario de tres días de concertos, circo, sardiñas, praia e feira. Un festival consolidado que cada ano completa a súa oferta e atrae a máis xente de toda Galicia e mesmo de fóra.
GALERÍA | Galicia sae á rúa en solidariedade con Barcelona
Ás 12 do mediodía concentracións e minutos de silencio en concellos e centros de traballo amosaron a repulsa contra os atentados e a dor compartida coa sociedade catalá. Galería de imaxes no interior
En Marea e BNG reivindican o legado de Bóveda e a "vixencia" do seu pensamento
O Bloque remitirá ao Parlamento unha Lei de Memoria Histórica galega para anular os xuízos franquistas e devolver o Pazo de Meirás ao pobo
Atentado terrorista en Barcelona: atropelo masivo nas Ramblas
13 persoas mortas e un cento de feridas logo de que unha furgoneta collese varias persoas na céntrica vía da capital catalá. Esta noite foron abatidos en Cambrils cinco terroristas que pretendían cometer un novo atentado
A Xunta insiste en que non ten competencias para actuar contra a Fundación Franco
O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que ao Gobenro galego só lle compete "garantir que a xestión do Pazo de Meirás se faga de acordo coa normativa do BIC (Ben de Interese Cultural)"
Oliver Laxe convive cos brigadistas para preparar o seu novo filme sobre os incendios en Galicia
O cineasta acompaña durante quince días os bombeiros que loitan contra o lume nos montes de Ourense para documentar a súa nova película, 'Aquilo que arde', que conta a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares
CCOO rexeita a proposta da Xunta para a apertura en festivos por prexudicar o pequeno comercio
O sindicato alerta de que a medida "fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies, as grandes beneficiadas, e o pequeno comercio de proximidade" e, ademais, precariza a situación do persoal. Entre 2008 e 2015 perdéronse máis de 20 mil empregos no comercio galego