Máis de 8.200 sinaturas no Parlamento para dignificar a Filosofía
Unha delegación de profesores desta materia, liderados polo decano da Facultade e a ex-deputada Carme Adán, entregan milleiros de firmas para unha iniciativa que levarán ao pleno varios grupos e nos que se defende que a historia do pensamento se volva impartir no Bacharelato
Membros do BNG ocupan simbolicamente o Pazo de Meirás para esixir a súa devolución
Militantes do Bloque despregan no histórico edificio pancartas contra a ditadura despois de que os herdeiros do ditador encomendasen a xestión das súas visitas á Fundación Francisco Franco
O BNG denuncia a Fundación Franco na UE e nas Nacións Unidas
O Bloque acode á Comisión Europea, a Eurocámara e a ONU pola "aberrante utilización e xestión das visitas" ao Pazo por parte da entidade franquista
Á procura dunha axenda para a escola infantil? Velaquí tes unha libre e en galego
Dúas nais e un pai lanzan unha axenda de escola infantil en galego baixo licenza Creative Commons para a súa libre descarga, impresión e uso.
"No tinc por": Galicia, presente na manifestación de repulsa aos atentados de Cataluña
O presidente da Xunta e os alcaldes da Coruña, Santiago e Vigo confirmaron a súa asistencia á manifestación convocada polo Concello de Barcelona e a Generalitat de Catalunya
A Xunta defende que ENCE realice obras sen licenza, esixida polo Concello
A empresa pretende levar a cabo as actuacións do seu proxecto de integración paisaxística no complexo de Lourizán sen autorización municipal. Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente, avala as intencións da compañía, pero recoñece que o Goberno local podería paralizar os traballos.
Armadiña Rock, decibelios "sen complexos" en Combarro
Bandas xa míticas como Heredeiros da Crus, Def con Dos ou Ruxe Ruxe forman parte do cartel da novena edición do Armadiña Rock, que se celebra ata o 27 de agosto en Combarro
O PSdeG expulsa o seu edil en Coristanco e desactiva a moción de censura
O concelleiro, agora no grupo dos non adscritos, asegura que seguirá adiante coa operación, que xa non conta cos votos suficientes para ter éxito. O PP culpa do rexeitamento da manobra "á radicalización que viven os socialistas".
Os encoros da conca Miño-Sil están no seu nivel máis baixo dende o 2004
Varios concellos da Limia e Valdeorras xa solicitaron axuda para manter o subministro de auga. Tamén hai restricións en localidades pontevedresas como Vilaboa, Portas e Ponte Caldelas. E Lalín anuncia que se non chove esta semana, contratará camións cisterna
Noites curtas: petiscos do Curtocircuíto na fin do verán compostelán
O festival santiagués de curtametraxes ultima a súa décimo cuarta edición mentres ofrece dúas sesións gratuítas ao aire libre os días 24 e 31 deste mes de agosto
O persoal de Alcoa fará folga polo despedimento dun traballador tras un grave accidente laboral
En xuño un obreiro sufriu queimaduras nun 85% do seu corpo e a consecuencia do sinistro un empregado foi despedido e outro amoestado. O Comité de Empresa denuncia as eivas de seguridade na factoría, das que responsabiliza a compañía
Os tres principais incendios da nova vaga de lume en Ourense achéganse ás 1.000 hectáreas
Afectan a Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas e Monterrei. Este último obrigou a cortar de novo a A-52 e deixou sen electricidade milleiros de persoas en Verín e Oímbra. Na tarde deste mércores declaráronse novos incendios en concellos como Carballedo, Palas de Rei ou Porto do Son