Compostela acolle a estrea de 'A Canción do Elefante', de Redrum
O espectáculo dirixido por Alex Sampayo está protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Estará no Teatro Principal do mércores 13 ao sábado 16. Praza.gal regálache dúas entradas
A Fundación Franco ameaza e denuncia os militantes do BNG por "asaltar" Meirás
A entidade franquista responde á ocupación simbólica advertindo que fará "todo o que estea na súa man para asegurarse de que os asaltantes reciban o seu xusto castigo de acordo coa lei", cualifica os participantes na acción de "delincuentes" e compáraa coa "sedición do Parlamento catalán"
Percorre o Castro de Viladonga sen saíres da casa
O xacemento situado en Castro de Rei conta dende hai uns días cunha nova web que inclúe vídeos, unha galería fotográfica, completa información sobre o recinto e o museo e a posibilidade de realizar unha visita virtual polo lugar
Villares e Pontón encabezan a representación política galega na Diada
Ademais dos portavoces de En Marea e BNG, tamén anunciaron a súa presenza este luns en Barcelona responsables de Anova, Cerna ou CIG
Unha ruta polo Vigo galeguista homenaxea o sábado a Miguel Barros
O propio político será o guía dun percorrido que inclúe a Imprenta Compañel, a casa de Olimpia Valencia, a sede de El Pueblo Gallego, a casa de Celso Emilio Ferreiro ou o bar Elixio
GALERÍA | Así saíu á rúa en Galicia o feminismo ao berro de “un maltratador non é un bo pai”
A Plataforma Feminista Galega sinala que a situación de Juana Rivas “non é un caso illado”
O albariño leva este sábado once grupos a Cambados, Cidade Europea do Viño
Polos dous escenarios do festival pasarán Familia Caamagno, Emilio José, Disco Las Palmeras, Presumido ou Belako
A Xunta recoñece a elevada incidencia do suicidio pero deslígao de factores sociais
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou este venres o Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, reclamado dende hai anos polos profesionais. A resposta céntrase nunha prometida mellora da coordinación, pero sen incorporar máis recursos para atallar o problema
O feminismo sae á rúa este sábado ao berro de "un maltratador non é un bo pai"
As 19 horas haberá manifestacións nas Pontes, Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribeira e Vigo para reclamar, ao fío do caso de Juana Rivas e os seus fillos, unha xustiza "sen machismo" e cos medios suficientes para loitas contra a violencia de xénero.
Parlament e Generalitat activan o referendo de autodeterminación e o Estado, a ofensiva xudicial
O Govern asina o decreto de convocatoria da consulta tras un pleno parlamentario de máis de 12 horas no que JxSí e CUP aprobaron suprimir os trámites habituais para procurar esquivar a intervención do Constitucional. A oposición catalá ve lesionados os seus dereitos políticos
O festival WOS abre cinco días de vangarda en Compostela
Entre as 50 propostas que se estenderán por 10 escenarios da cidade hai música, cine, artes visuais, performances e encontros con creadores de primeiro nivel. O peche do festival correrá a cargo de cinco xigantes da música exploratoria: Greg Fox, Julia Kent, Oren Ambarchi, Sontag Shogun e Western Skies Motel.
O Parlament catalán aproba a lei do referendo e o Goberno central inicia a ofensiva xudicial
O bloque soberanista culmina o trámite exprés da norma, cuestionada polo Consell de Garanties, mentres que Ciutadans, PSC e PP ven lesionados os dereitos dos deputados e agardan a intervención do Constitucional.