Greenpeace sinala o uso do carbón e bloquea durante horas na Coruña a carga destinada a Meirama
O grupo ecoloxista 'atranca' a 'Medusa' no porto coruñés durante oito horas e desprega unha gran pancarta na súa cúpula para "chamar a atención do Goberno sobre a necesidade de rematar coa queima de carbón e substituílo por enerxías limpas". Catro activistas foron detidos. Vídeos no interior.
O número de suicidios volveu aumentar en 2016 en Galicia: case 1 por día
A Xunta presentará esta semana o seu Plan de Prevención do Suicidio, un documento de análise e actuacións que o Movemento Galego de Saúde Mental leva anos reclamando para tratar un problema con cifras de mortes que sitúan Galicia moi por riba da media do Estado.
"Ola, entusiastas da xeoloxía". Aprendendo ciencia en galego no Youtube
Os profesores Xacobo de Toro (IES Urbano Lugrís de Malpica) e Adela Otero (IES Fernando Wirtz da Coruña) publican vídeos amenos nos que explican distintos conceptos relacionados con esta materia, acompañados dunha unidade didáctica interactiva
Villoslada, Caballero e Leiceaga comezan a carreira cara ao liderado do PSdeG
Os tres aspirantes á secretaría xeral do partido rexistran as súas precandidaturas e comezarán a recollida de avais entre peticións de "xogo limpo" e "unidade" logo da alusión ao traballo como funcionario dun candidato nos gobernos de Fraga.
Meninas 2017: Sen Banksy, nin falta que fai
A edición 2017 das Meninas de Ferrol pechouse este domingo cun incontestable éxito de público e tamén de promoción para a cidade, o evento e para o barrio de Canido
Proxecto Cárcere xestionará a antiga prisión da Coruña
A plataforma cidadá obtén a xestión durante o ano do edificio, que estará aberto á cidadanía "contra o final deste 2017", segundo avanzou o concelleiro Xiao Varela
O FIOT de Carballo presenta unha nova edición con maior apoio á creación
O festival de teatro participa na produción de tres espectáculos e apoia os creadores emerxentes con novos espazos. A edición deste ano contará con algúns dos directores referentes das artes escénicas do momento, como Pablo Messiez, Miguel del Arco ou Alfredo Sanzol
Xeadas, seca... e agora pedrazo: os fenómenos meteorolóxicos amargan o sector vinícola
A saraibada da pasada fin de semana agudiza os problemas nos viñedos da provincia de Ourense derivados da falta de chuvias e do carazo do pasado mes de abril. O graínzo afectou con dureza a comarca do Ribeiro e viticultores e sindicatos censuran a "pasividade" da Xunta.
Deleite vai de festival a Lugo, "capital do sector lácteo galego"
A marca emblema do grupo Leite Noso, impulsada por gandeiros, presenta a segunda edición do seu festival, o vindeiro día 23 na contorna do lucense Pazo de Feiras e Exposicións
Milleiros de peixes mortos na contorna da illa de Toralla
Un biólogo e investigador vigués grava unha enorme cantidade de cabalón no fondo mariño da ría de Vigo e advirte das consecuencias que para o ecosistema da zona pode ter un achado que cren que se debe aos descartes dalgún barco de pesca
A Consellería de Economía gastará 123.000 euros en reformar parte da súa sede
Renovará máis da metade da planta que ocupa en San Caetano, incluídos despachos de asesores, á espera da prometida ampliación do complexo que xa non se iniciará nesta lexislatura
O Chanfaina Lab volve tornar San Sadurniño nun "universo de cinema"
A vila ártabra acolle do 1 ao 3 de setembro a cuarta edición deste encontro de cineastas co reto de realizaren traballos audiovisuais coas parroquias do municipio como escenario