'En negro' dende Bruxelas para pór a loita contra a violencia machista "no centro da axenda política"
Unha delegación galega presenta no Parlamento Europeo a iniciativa contra as agresións de xénero impulsada en 2015 no Concello de Santiago, á que agora xa se adheriron máis de 70 concellos galegos
O BNG aborda o "franquismo sen Franco" nunha conferencia en Bruxelas
A formación nacionalista denunciará o "amparo do espolio" e a "apoloxía da ditadura" por parte da familia Franco e organiza un acto con académicos, historiadores, politólogos, políticos, e asociacións pola recuperación da memoria histórica o vindeiro 20 de novembro
O pleno da Coruña acusa a Feijoo de "deslealdade" coa cidade no futuro dos peiraos
Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e BNG aproban unha moción que critica a actitude de Xunta e Puertos del Estado neste tema e insta a creación dun consorcio formado por todas as administracións que garanta a participación da cidadanía na toma de decisións sobre o futuro dos terreos portuarios
O PP promove que o Parlamento apoie o 155 e as medidas xudiciais contra o Govern
Os populares volven meter o conflito catalán no debate galego logo do protagonismo no pleno de política xeral e propoñen unha declaración institucional de apoio ás actuacións dos poderes de Estado ante a "grave e desleal actuación dos dirixentes cataláns"
O xuíz belga deixa en liberdade provisional a Puigdemont e os seus ex-consellers
O ex-president e catro dos seus consellers declararon durante cinco horas tras presentarse na mañá deste domingo nunha comisaría de Bruxelas
Polo menos 27 persoas morreron polos incendios en Galicia nas tres últimas décadas
A Sociedade Galega de Historia Natural vincula a proximidade de eucaliptos e acacias a zonas poboadas co aumento da mortalidade especialmente en Pontevedra
Puigdemont e os ex-consellers que seguían en Bélxica son detidos tras presentarse en comisaría
Tras prestar declaración ante un xuíz, este decidirá antes das nove da mañá deste luns sobre o seu futuro inmediato.
'A prensa en Galicia na Transición', de Marcos Pérez Pena, Premio da Crítica de Galicia 2017
O libro do xornalista de Praza Pública editado por Xerais vén de obter o recoñecemento na categoría de Investigación
As traballadoras de Bershka en Pontevedra desconvocan a folga tras un acordo con Inditex
A CIG di que o conseguido "supera as pretensións marcadas inicialmente polo persoal" e atribúeo a que o paro foi "un conflito unitario"
O ERE do Santander tras a absorción do Pastor afecta uns 200 traballadores en Galicia
O recorte de persoal anunciado pola entidade en todo o Estado levarase a cabo tamén nas oficinas centrais que o Popular mantiña na Coruña e Bergondo. En Marea acusa a Xunta de "deixar orfos os traballadores".
O PSdeG acusa a Baltar de priorizar a extinción do lume nas propiedades dos responsables da Deputación
O presidente da Deputación de Ourense compareceu no Parlamento para explicar os orzamentos do organismo que preside, que foron recibidos con críticas da oposición.
70 concellos e máis de tres mil comercios tinxiranse de negro contra as violencias machistas
A campaña, que busca visibilizar a repulsa contra o machismo, desenvolverase do 23 ao 26 de novembro. Iniciada en Santiago de Compostela, estendeuse ao resto do país o pasado e nesta terceira edición segue a crecer, xa baixo o nome de Galicia en Negro Inclúe tamén actividades para centros de ensino