Os Mossos advirten dos riscos de precintar colexios mentres medra a mobilización en torno ao 1-O
Trapero advirte á Fiscalía que pechar centros e impedir votar pode provocar "consecuencias non desexadas" ao tempo que estudantes, universidades, sindicatos ou comunidade educativa únense na defensa do referendo. A AN investigará se houbo delito de sedición nas protestas de Barcelona.
Un sindicalista da CIG recibe unha multa por "arroxar unha pota ao chan"
Tres axentes da Policía Nacional obrigaron a Renato Núñez, membro da Executiva Confederal da central, a baleirar o maleteiro do seu coche, onde había unha ola, que colocou na vía, á beira do vehículo, polo que foi sancionado con 200 euros. Núñez presentou xa unha reclamación por "denuncia falsa".
A oposición critica a falta de orzamento e prazos do plan de prevención do suicidio
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu este martes no Parlamento para dar conta do documento, cualificado polos grupos da oposición como "propaganda" e "cartón-pedra", pola súa ausencia de medidas concretas e de novos recursos que permitan aplicalo
A Fiscalía ordena aos Mossos inutilizar e precintar os colexios do refendo catalán
A policía catalá empezou xa a identificar directores de colexios por orde xudicial para evitar o 1-O, terá que pechar os centros de votación e desaloxalos antes do sábado e ata o domingo á noite. Ve con "moita preocupación" as directrices porque poden crear "graves problemas de orde pública"
O fiscal ve “adecuado” o pacto co que a maioría de acusados do caso Campeón evita o cárcere
O xuízo iniciado este martes continuará en outubro pero nel só se decidirá a condena ou non do único dos 13 implicados que non acadou un pacto previo. Dos outros, Dorribo, que ve rebaixada a súa pena de 24 a 5 anos en parte xa cumpridos, é o que recibe a maior condena.
Militantes do BNG ocupan simbolicamente a Casa Cornide na Coruña, propiedade dos Franco
Coa protesta queren visibilizar os "privilexios" e a "impunidade" da que, aseguran, goza a familia Franco "en pleno 2017" en Galicia. É o segundo acto deste tipo tras a entrada no Pazo de Meirás hai unhas semanas.
Os usos das tecnoloxías libres no sector primario e industrial centrarán o LibreCon 2017
O 19 e 20 de outubro Compostela acollerá o LibreCon 2017, o maior evento de tecnoloxías abertas e negocio, organizado por Agasol e Asolif. Céntrase nos sectores Industrial e Primario, o cloud computing, a análise de Big Data e a Internet das Cousas, ademais de na economía colaborativa
Facenda lanza unha web que detalla como impide que a Generalitat financie o 1-O
Provedores e órganos de contratación deben certificar que os contratos coa Generalitat non financian "actividades ilegais ou contrarias ás decisións dos tribunais". O fiscal xeral do Estado di que "polo momento" non é "oportuno" pedir a detención do presidente Puigdemont
O BNG pide explicacións a Feijóo por ocultar unha reunión coa patronal da sanidade privada
O portavoz popular, Pedro Puy, ironiza para evitar responder: “Se a axenda é oculta, non a teño nin eu, non estou ao tanto”
A Xunta nega que incumprise nunha festa a normativa de protección de Corrubedo
Entidades como a SGHN denunciaran que unha celebración polo Día do Medio Ambiente incluíra megafonía ou actividades non permitidas no parque natural. O PSdeG-PSOE levou o asunto ao Parlamento a través dunha pregunta ao Goberno, que rexeita as acusacións.
16 cidades levan ao Congreso o incumprimento dos compromisos do Goberno sobre os refuxiados
Representantes de 16 concellos de todo o Estado, entre eles A Coruña, lembrarán este martes na cámara que España só acolleu un dez por cento das 17.337 persoas que lle correspondían en función do acordo chegado coa UE. Este día finaliza o prazo de dous anos previsto para levar a cabo o proceso.
A Diada máis longa: tres días de protestas masivas e mestizas pola operación contra o 1-O
CRÓNICA | Barcelona concentra as maiores mobilización polo dereito a decidir fóra do 11-S polas detencións contra o referendo. A mestura de xeracións é o grande activo das entidades soberanistas e do Govern para conservar a imaxe pacífica das protestas de cara ao exterior