Illas Atlánticas entra na lista de aspirantes a Patrimonio da Humanidade, na que xa hai outros tres galegos
A Xunta anuncia a súa inclusión na lista indicativa estatal, que conta xa cunha trintena de candidaturas previas, e Caballero minimízao
'Dhogs', primeiro filme rodado en galego que competirá na Sección Oficial de Sitges
A ópera prima de Andrés Goteira estrearase este luns no marco do festival catalán. A película, que se presentará o vindeiro 21 de outubro no Festival de Cine de Ourense, foi posible grazas ás achegas de máis de 300 persoas, que participaron hai tres anos nunha campaña de crowdfunding
O COAG pídelle ao Concello de Navia de Suarna que non derrube o edificio modernista
A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia destaca "o especial valor" da Casa Benedicto e demándalle ao Goberno local que promova a protección do inmoble.
A veciñanza oposta á moción de censura en Tui denuncia a volta "dos que durante anos gobernaron dende a incompetencia"
Este xoves presentouse un manifesto colectivo que advirte do movemento de reunificación do PP no concello e que sinala que o PP busca evitar a consolidación dun Goberno alternativo "que podería afastar os populares do poder durante bastantes anos".
Nova denuncia de manipulación na CRTVG por impedir sinalar a afiliación ao PP dun xihadista
O comité de empresa ampara a queixa dunha traballadora en prácticas que foi interrompida e cominada a omitir en directo o parágrafo no que informaba da afiliación ao Partido Popular dun presunto líder dunha célula xihadista
A folga nas auxiliares de Navantia paraliza os estaleiros na ría de Ferrol
O paro indefinido convocado pola CIG reclama o cumprimento dos acordos salariais de 2001 e está a ter un "seguimento total" segundo a central nacionalista
A Fiscalía pide ano e medio por abuso sexual para o ex-alcalde de Vigo Manuel Pérez
Acúsao de valerse do seu actual posto de inspector laboral para abusar dunha muller que acudiu á súa oficina tras unha inspección na empresa na que traballaba ao tempo que cobraba o paro
As empresas galegas multiplicaron por catro o uso do software libre desde 2007
O 86,8% das compañias de dez ou máis traballadores empregan programas de código aberto, fronte ao 22,7% que o facía hai unha década, segundo datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia analizados por LibreCon, o encontro empresarial open source que terá lugar en Compostela o 19 e 20 de outubro.
Puigdemont clama por unha mediación e rexeita a mensaxe do rei
“Amosaremos a mellor cara deste país cando as institucións de Catalunya teñamos que aplicar o resultado do referendo”, limitouse a dicir o presidente da Generalitat sobre os seus próximos pasos
O PP endurece aínda máis coas súas emendas a Lei de Iniciativas Empresariais
As 30 emendas presentadas polos populares á súa propia proposta poñen aínda máis facilidades ás empresas mineiras e eólicas e modifican outras normas, coma a Lei de Augas, a Lei de Montes, a Lei de Minas, a Lei de Aproveitamento Eólico, a Lei de Defensa da calidade alimentaria ou a propia Lei de Orzamentos para 2017.
Últimas chamadas ao diálogo para evitar a DUI e a aplicación do artigo 155 en Catalunya
A mesa de partidos impulsada por Unidos Podemos propón que Goberno central e Generalitat pacten unha mediación antes de que o vindeiro luns o Parlament declare a independencia. A Audiencia Nacional imputa o xefe dos Mossos e os presidentes de Òmnium Cultural e a ANC por sedición.
Enxeñeiras e científicas en todas as escolas
Hai uns días comezou a segunda edición dunha iniciativa do Concello de Santiago e a USC na que investigadoras e profesionais galegas dos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría e as Matemáticas realizan obradoiros co alumnado de 5º de Primaria dos colexios composteláns, fomentando as vocacións femininas nestas carreiras