Os oito incendios iniciados nos últimos días queimaron xa 1.500 hectáreas
Tres focos arrasaron 790 hectáreas en espazos do Parque Natural da Baixa Limia-Xurés, no concello de Lobios. Dende onte está activo tamén un en Folgoso do Courel, que xa afecta a 150 hectáreas.
Rajoy dá oito días a Puigdemont antes de aplicar o artigo 155 contra Catalunya
Anuncia o envío dun requirimento a Puigdemont para que "confirme" se declarou a independencia e que da súa resposta dependerá "o futuro dos acontecementos". Terá ata o 19 de outubro para rectificar. Sánchez di que acordou co Executivo abrir a o debate da reforma da Constitución
Puigdemont suspende a declaración de independencia na procura de diálogo
Asume "o mandato de que Catalunya se convirta nun estado independente en forma de república" tras o 1-O pero tamén que proporá "que o Parlament suspenda os efectos da declaración de independencia" para rebaixar a tensión e buscar a mediación e o diálogo co Estado
O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais
Astérix en Italia podera lerse na nosa lingua ao mesmo tempo que se edita en francés. En 1976 publicouse o primeiro álbum en galego, con tradución de Eduardo Blanco Amor. Dende entón foron traducidas case unha trintena de historias do heroe galo
A Xunta retira o anuncio turístico que amosaba unha balsa de residuos tóxicos
A imaxe recibira numerosas críticas nos últimos días por utilizar os depósitos mineiros do Monte Neme como reclamo para atraer visitantes. Turgalicia cualifica o sucedido de "erro" e afirma que non funcionaron adecuadamente os "filtros"
PP e PSOE vetan que Feijóo compareza na investigación do Congreso sobre as caixas
En Marea denuncia o pacto entre socialistas e populares para evitar que compareza o presidente da Xunta por impulsar a fusión das entidades galegas malia saber que “estaban quebradas”
O Concello de Ourense reduce a presión da auga da billa polas noites
É a primeira gran medida de aforro que afecta ao subministro nos fogares, aínda que o Concello garante que o servizo está garantido. Tamén en Pontevedra veñen de adoptarse medidas para paliar os efectos do baixo nivel do río Lérez. ENCE consume tanta auga como Poio, Marín, Sanxenxo e Ponte Caldelas xuntas.
Gondomar elimina tres sinais de tráfico en galego despois de que a Valedora indicase que debían ser bilingües
En xuño a Garda Civil denunciou o Concello pola existencia de tres indicadores que só estaban escritos en galego. Posteriormente, a Valedora do Pobo sinalou que a lei obriga a que figuren nas dúas linguas oficiais. A pasada semana Goberno local decidiu traducir os sinais, que agora só se poden ler en castelán.
Catalunya e o aparello do Estado agardan por unha declaración de independencia de efecto incerto
Puigdemont dará por válidos os resultados do 1-O ante o Parlament e apelará ao diálogo e á mediación internacional. A Generalitat prepara plans de continxencia ante a eventual aplicación do artigo 155 da Constitución, que ven probable
Arqueólogos da Xunta atopan un dolmen en bo estado e non inventariado en Friol
“Conserva a planta na súa integridade, sendo uns dos dolmens mellor conservado de cantos se coñecen na provincia de Lugo", salienta a Consellería de Cultura
Gonzalo Caballero recibe os parabéns do seu tío, que renega da política autonómica
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicita o novo secretario xeral dos socialistas galegos por “razóns afectivas moi intensas” pero insiste en que só está preocupado pola política local ou pola estatal
GALERÍA | #Falamos? Concentracións de branco en demanda de diálogo entre o Govern e o Goberno
Cidades galegas e de todo o Estado acollen concentracións fronte ás sedes dos seus Concellos