50 hackers crearán en LibreCon prototipos con tecnoloxía libre para o sector primario
No denominado Librehack, realizarán en tempo real e durante 11 horas prototipos de software libre cos que mellorar a Industria 4.0 e o sector primario. Ademais, Nuno Troitiño, programador e apicultor 2.0, presentará a aplicación Appybee, capaz de detectar e controlar pragas que afectan ás colmeas de abellas, como a da avispa velutina.
Os incendios en Portugal provocan a dimisión dunha ministra e unha moción de censura contra Costa
Constança Urbano de Sousa, responsable do operativo de loita contra o lume, vén de anunciar a súa renuncia. O CDS-PP presentará -co apoio do PSD- unha moción contra o primeiro ministro socialista, que admite "erros". O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, ameaza con "exercer todos os poderes" se non hai medidas inmediatas.
200 arquitectos do COAG ofrécense para comprobar a seguridade das construcións afectadas polos incendios
O Colexio de Arquitectos de Galicia habilitou unha listaxe aberta para colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación de vivendas e outras edificacións. Nun día houbo xa máis de 200 inscricións
Que se debe facer nos terreos queimados e que se debe evitar? 8 consellos rápidos
ADEGA e a SGHN difunden unha serie de recomendacións para o tratamento dos solos afectados estes días polo lume, co obxectivo de favorecer a súa recuperación e evitar o seu empobrecemento.
A Fiscalía busca fórmulas para meter tamén na cadea a Trapero
O Ministerio Público media ampliar a denuncia coa intervención dos Mossos o 1 de outubro. Milleiros de persoas secundaron os paros para protestar contra o encarceramento dos presidentes de Òmnium Cultural e a ANC.
Lume Nunca Máis: Convocadas 38 concentracións para este luns pola tarde
Dende primeira hora comezaron a ser convocadas nas principais cidades e vilas galegas unha serie de actos de protesta baixo o lema Lume Nunca Máis. O noso monte importa. Serán ás 20 horas. Denúnciase "a falta de medidas políticas no terreo forestal" e o "terrorismo medioambiental" que está a sufrir o país.
MAPA | Estes son os 72 incendios máis importantes
Repasa neste mapa a localización dos principais lumes que dende o sábado afectan a Galicia. A Xunta informa unicamente de aqueles que superan as 20 hectáreas de extensión, pero os medios de comunicación e as redes sociais permiten coñecer a localización de moitos máis
Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"
O presidente da Xunta centra na actividade "terrorista" dos incendiarios a reacción á vaga de incendios e asegura que o dispositivo antiincendios é "o dobre do habitual" neste mes
Arde Galicia: tres falecidos e milleiros de hectáreas arrasadas en centos de incendios
Dúas persoas perderon a vida cercadas polas lapas en Chandebrito (Nigrán) e outra en Carballeda de Avia. Rexistráronse 125 de incendios durante o domingo. O máis grave, orixinado en Ponteareas, avanza tras queimar xa 1.500 hectáreas e afectar a Pazos de Borbén, Soutomaior, Redondela e Vigo
As San Lucas volven encher Mondoñedo de feira e festa 861 anos despois
A festa máis antiga do país preséntase en Santiago en vésperas da súa nova edición, do 17 ao 22 de outubro. Os cabalos volven ser os grandes protagonistas dunha celebración na que este ano será homenaxeada a sección mindoniense das Irmandades da Fala no centenario da súa fundación
O Laboratorio Cidadán da Coruña pon en marcha os seus 6 primeiros proxectos
O CoLab inicia o seu traballo este mes de outubro e xa ten programadas 50 actividades, que se desevolverán nos vindeiros meses. Entre os proxectos, un céntrase na problemática das persoas maiores que viven soas, outro busca dar uso público aos patios interiores das mazás no barrio da Agra e outro trata a cuestión da expansión urbana nos espazos rurais da cidade.
O Festival de Cine de Ourense proxectará 77 filmes de 23 países
Celebrarase do 20 ao 27 de outubro. Haberá 15 pezas de directores e directoras galegas como José Manuel Mouriño, Carmen Bellas, Aser Álvarez, Andrés Goteira, Manuel Lógar, Héctor Carré, Sara Casasnovas, Jaione Camborda, Iván Nespereira, Hugo Amoedo, as Also Sisters e Ángel Santos.