O persoal das auxiliares de Navantia vota a favor de suspender o paro
Os traballadores decidiron levantar temporalmente a folga que acumula máis de vinte días para negociar coas empresas. Na votación en urna, 681 operarios apoiaron a suspensión fronte aos 484 que optaron por seguir coa protesta
As sospeitas de transfuguismo dos edís de Somos Fene suspenden a moción de censura
A mesa de idade considera tránsfugas aos dous edís da formación que, xunto ao PP, ía presentar unha moción de censura este xoves contra o goberno de BNG e EU. Os populares anuncian unha denuncia por "delito de prevaricación".
A falta de acordo entre sindicatos e empresas mantén a folga das auxiliares de Navantia
As xuntanzas non dan froito ningún polo momento malia que todas as centrais pactaron unha proposta conxunta para pór punto final ao paro convocado pola CIG e que supera os 20 días.
Antonio López presenta a súa candidatura a reitor da USC
O catedrático de Dereito Financeiro, que en 2014 foi derrotado por Juan Viaño, critica ao actual equipo reitoral "por ser un goberno sen proxectos que impregnou esa apatía á Universidade". López promete unha xestión "áxil, participativa e democrática" e "volver a medrar en profesorado"
En Marea, BNG e Anova cualifican a decisión de "ataque á democracia" e piden "diálogo"
Os líderes das tres formacións rexeitan a intervención da Generalitat polo Goberno central e advirten que están en xogo as liberdades públicas e os dereitos fundamentais en todo o Estado. O PSdeG-PSOE pide unha aplicación "moderada" do 155 para "restaurar o autogoberno".
O 155 implica a destitución de Puigdemont e de todo o Goberno de Cataluña
A facultade de disolver o Parlament pasa ao presidente do Goberno central, que terá que convocar eleccións nun máximo de seis meses. Entre os órganos intervidos está a radiotelevisión pública catalá.
'Xentes da Raia': O río que unía e separaba Salvaterra e Monção
A asociación Lazoiro organiza os días 20, 21 e 22 de outubro unha exposición nas Covas de Dona Urraca que, a través de medio cento de fotografías e unha curtametraxe, afonda nas relacións entre as dúas localidades antes da construción da Ponte Internacional
Os concellos do norte critican que a conselleira se negase a ir á xuntanza polo tren Ferrol-Ribadeo
A responsable da Consellería de Infraestruturas non acudiu á xuntanza á que fora convocada, na que participaron alcaldes e alcaldesas de 12 localidades e representantes de Renfe. Tampouco acudiu ningún rexedor do PP. “Sentímonos defraudados, entendemos que se nos está a tomar o pelo”, sinalou a alcaldesa de Moeche, que exerceu de voceira.
Taxa para fondear en Cíes ou veto aos ambulantes no Camiño, cambios legais que a Xunta coa cos Orzamentos
A norma coa que a Xunta modifica outras moitas leis cun menor debate tenta tamén regulamentar mellor as competencias na xestión da biomasa nas diversas faixas de protección fronte a incendios. A norma regula a execución por parte da Xunta das tarefas de limpeza cando os propietarios, no caso de non ser coñecidos, non as realicen
"A aplicación das tecnoloxías abertas está sendo xa moi importante no sector primario"
Este xoves comezou en Compostela a sétima edición do encontro LibreCon, que reúne empresas que empregan software libre para o desenvolvemento dos seus produtos. A cita céntrase este ano na Industria 4.0 e o sector primario. Falamos con Carlos Rodríguez, presidente de AGASOL
Os sindicatos dos bombeiros forestais esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural
Reclaman a marcha de Ángeles Vázquez e do director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, pola súa "manifesta incompetencia na xestión" do dispositivo público contraincendios na vaga de incendios e por "falsear datos no Parlamento"
Puigdemont evidencia que non declarou a independencia e Rajoy segue adiante co 155
O sábado reunirase o Consello de Ministros para decidir as medidas a aplicar logo da carta do president da Generalitat, na que asegura que a suspensión da DUI "continúa vixente" e advirte de que o Parlament poderá votala se o Estado "insiste en impedir o diálogo e continuar a represión".