O Festival do Leite afianza a súa aposta pola música e o sector lácteo
O certame, desta vez celebrado en Lugo, xuntou milleiros de persoas para gozar dalgúns dos mellores grupos musicais do momento desde o mediodía e ata a madrugada
A Generalitat négase ao control dos Mossos por parte do Estado
A Fiscalía comunica que será o Ministerio de Interior quen coordine o labor para impedir o referendo do 1-O, que queda en mans dun coronel da Garda Civil. O conseller de Interior anuncia que a Generalitat rexeita a orde e que non renunciarán "nunca a exercer as competencias propias".
Galicia asoma como referente dun debate itinerante sobre China
París, Roma e Santiago de Compostela debaterán consecutivamente sobre o modelo de desenvolvemento chinés. O evento na capital galega terá lugar o vindeiro 6 de outubro.
Chus Pato ingresa na RAG reivindicando a poesía no ensino para os máis novos
A autora reclama o "dereito de nenos e mozos a ser educados na arte da poética" nun discurso no que alentou a presenza feminina en institucións como a Academia
O BNG lanza a súa proposta para "superar o Estatuto" e "finiquitar o réxime do 78"
Presenta as Bases Democráticas para que "Galiza sexa protagonista neste momento excepcional". O documento propón dereito a voto aos 16 anos, referendos se o pide o 3% do censo, renda social básica ou o galego como idioma vehicular no ensino.
O caso Campeón chega a xuízo sen que a Xunta acuse os seus ex-cargos implicados
O martes celébrase a primeira sesión, dedicada ás cuestións previas, da vista que senta no banco a 13 persoas, entre elas o ex-deputado do PP Pablo Cobián e o ex-director do Igape, Joaquín Varela. As partes procuran un acordo.
O 'Pergamiño Vindel' xa viaxa camiño de Vigo
O documento, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, será exposto no Museo do Mar entre outubro deste ano e marzo do próximo. “É moi especial prestar este manuscrito único ao lugar onde todo se orixinou”, din desde a Morgan Library de Nova York.
A Deputación de Pontevedra aproba por unanimidade o seu primeiro regulamento de comunicación inclusiva
“Medidas deste tipo cambian moito máis a sociedade que calquera outra cousa”, di a presidenta provincial, a socialista Carmela Silva
Referendo, democracia e Estado de excepción
Praza Pública
Unha Liga Ibérica de fútbol para 2019?
O presidente do torneo profesional en Portugal confía en que se organice un campionato entre equipos españois e lusos que podería empezar a artellarse cun cuadrangular a finais desta tempada. Foi unha das ideas achegadas no acordo de colaboración asinado entre ambas competicións.
A tartaruga Beo volve ao mar tras ano e medio de coidados no Grove
A Consellería de Medio Ambiente vén de devolver ao seu hábitat unha tartaruga mariña recollida hai ano e medio en Malpica logo dun longo proceso de recuperación nas instalacións do acuario do Grove
Urkullu insta a un Estado confederal que inclúa Galicia, Euskadi e Catalunya como nacións
O lehendakari reclama ao Goberno central que recoñeza as "realidades nacionais vasca, catalá e galega" e apunta a un "horizonte confederal" desde a "libre adhesión" que asuma o dereito a decidir "legal e pactado". Aposta pola "vía vasca" e reclama as 37 competencias aínda non transferidas