Os cadernos manuscritos de Chus Pato inauguran o arquivo de 'Euseino?'
O fondo consta de 14 cadernos nos que se recollen as anotacións que acompañan a xénese de obras coma Fascinio, m-Talá e Carne de leviatán. A editorial publicará -con edición de Arturo Casas- a Obra Completa da poeta, que esta semana ingresará na RAG
Herdanza ou a posibilidade de encontro co Outro
Santiago acolleu a segunda edición do festival de danza na rúa Herdanza, que explorou a posibilidade do encontro co Outro.
En Marea únese á oferta de Podemos para unha asemblea por un referendo pactado
"Hai que darlle unha saída pactada a cada un dos pobos para que decidan o que queiran", di Yolanda Díaz no acto no que a formación morada e as súas confluencias convoca a parlamentarios e alcaldes de todos os partidos para que Catalunya "decida o futuro nunha consulta acordada co Estado"
O mapa do 'Vigo Rebelde'. Péchase a investigación sobre o movemento obreiro na cidade
A investigación colectiva impulsada dende o MARCO presenta os seus primeiros resultados, tras tres meses de traballo. Entre eles, un vídeo e un mapa realizado pola veciñanza de Teis que amosa os espazos das loitas obreiras das últimas décadas.
Peter Greenaway, protagonista do Curtocircuíto 2017
O cineasta galés será o convidado especial do festival, que comeza o vindeiro 1 de outubro en Compostela. Greenaway participará nun encontro co público o sábado 7 de outubro no Teatro Principal.
DE LIBROS | No ventre da balea
DE LIBROS | Berta Dávila fálanos esta semana da segunda novela de Vanesa Santiago (Sada, 1983), que chega da man do Premio Illa Nova para menores de 35 anos que convoca a editorial Galaxia.
Os salarios seguen estancados no mesmo nivel de 2010
O custo salarial ordinario por traballador, que reflite a evolución do soldo base, sitúase en Galicia en 1.461 euros, e leva sete anos movéndose nun nivel semellante. No sector servizos o soldo medio mesmo se reduciu dende o ano 2010.
'Fox', de Jacqueline Lentzou, gañadora do 10ª FICBUEU
O festival entregou este sábado os seus premios, nunha gala na que foron homenaxeados Antonio Durán Morris e Nieve de Medina.
Repensando Europa dende Galicia
Coincidindo cun novo aniversario da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (1933), este luns e martes desenvólvese en Pontevedra o II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, organizado polo IGADI e centrado na reflexión sobre o espazo europeo
A cultura galega homenaxea no Bierzo a Fernández Morales no bicentenario do seu nacemento
Ponferrada, Vilafranca e Cacabelos acolleron tres días de relatorios, exposicións, recitais e concertos que afondaron no coñecemento do autor de Ensaios poéticos en dialecto berciano, que naceu tal día coma hoxe hai 200 anos.
Feijoo di que "fronte aos nacionalismos exclusivos" Galicia elixiu "outro camiño"
O presidente do Goberno galego participou no acto de clausura do simposio Xerardo Fernández Albor e o seu tempo, no que o ex-presidente da Xunta recibiu a Medalla ao Traballo. Feijoo fixo unha apelación ao "sentidiño".
Morre Bautista Álvarez, histórico líder da UPG
Militante histórico do nacionalismo galego, contaba 84 anos de idade. Foi un dos fundadores da Unión do Povo Galego, organización da que foi presidente entre 1977 e 2008. Foi deputado no Parlamento galego entre 1989 e 2005.