O BNG acusa a Xunta ter decidida xa a continuidade de Elnosa na ría de Pontevedra
A formación cre que o Goberno galego segue coa empresa química o mesmo guion que levou á prórroga concedida a ENCE e denuncia que a aprobación do plan de incidencia supramunicipal solicitado pola compañía está xa "cociñada"
Ofensiva xudicial contra a consulta do 1-O e a súa difusión
O Constitucional, que vén de suspender a lei transitoriedade, notifica ao director dos medios públicos cataláns que non pode difundir a campaña de publicidade da Generalitat. A Fiscalía dá ordes a Mossos, Policía e Garda Civil para requisar urnas, sobres ou calquera material para o referendo
Sete roteiros guiados permitirán afondar na historia e no patrimonio de Galicia
A iniciativa, que se desenvolverá entre setembro e outubro, está impulsada por HistoriadeGalicia.gal e conta coa colaboración doutras entidades, como Mariña Patrimonio, a Sociedade Antropolóxica Galega ou a Asociación Amigos do Parque do Pasatempo
Unha multitude independentista ateiga o centro de Barcelona
Decenas de milleiros de persoas enchen a capital catalá con proclamas a favor do referendo. O Govern insiste en que se celebrará a consulta porque o quere "a maioría dos cidadáns": "Dá igual a reacción do Estado, isto non o para ninguén". En Marea e BNG, presentes na manifestación.
Compostela acolle a estrea de 'A Canción do Elefante', de Redrum
O espectáculo dirixido por Alex Sampayo está protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Estará no Teatro Principal do mércores 13 ao sábado 16. Praza.gal regálache dúas entradas
A Fundación Franco ameaza e denuncia os militantes do BNG por "asaltar" Meirás
A entidade franquista responde á ocupación simbólica advertindo que fará "todo o que estea na súa man para asegurarse de que os asaltantes reciban o seu xusto castigo de acordo coa lei", cualifica os participantes na acción de "delincuentes" e compáraa coa "sedición do Parlamento catalán"
Percorre o Castro de Viladonga sen saíres da casa
O xacemento situado en Castro de Rei conta dende hai uns días cunha nova web que inclúe vídeos, unha galería fotográfica, completa información sobre o recinto e o museo e a posibilidade de realizar unha visita virtual polo lugar
Villares e Pontón encabezan a representación política galega na Diada
Ademais dos portavoces de En Marea e BNG, tamén anunciaron a súa presenza este luns en Barcelona responsables de Anova, Cerna ou CIG
Unha ruta polo Vigo galeguista homenaxea o sábado a Miguel Barros
O propio político será o guía dun percorrido que inclúe a Imprenta Compañel, a casa de Olimpia Valencia, a sede de El Pueblo Gallego, a casa de Celso Emilio Ferreiro ou o bar Elixio
GALERÍA | Así saíu á rúa en Galicia o feminismo ao berro de “un maltratador non é un bo pai”
A Plataforma Feminista Galega sinala que a situación de Juana Rivas “non é un caso illado”
O albariño leva este sábado once grupos a Cambados, Cidade Europea do Viño
Polos dous escenarios do festival pasarán Familia Caamagno, Emilio José, Disco Las Palmeras, Presumido ou Belako
A Xunta recoñece a elevada incidencia do suicidio pero deslígao de factores sociais
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou este venres o Plan de Prevención do Suicidio en Galicia, reclamado dende hai anos polos profesionais. A resposta céntrase nunha prometida mellora da coordinación, pero sen incorporar máis recursos para atallar o problema