Deleite vai de festival a Lugo, "capital do sector lácteo galego"
A marca emblema do grupo Leite Noso, impulsada por gandeiros, presenta a segunda edición do seu festival, o vindeiro día 23 na contorna do lucense Pazo de Feiras e Exposicións
Milleiros de peixes mortos na contorna da illa de Toralla
Un biólogo e investigador vigués grava unha enorme cantidade de cabalón no fondo mariño da ría de Vigo e advirte das consecuencias que para o ecosistema da zona pode ter un achado que cren que se debe aos descartes dalgún barco de pesca
A Consellería de Economía gastará 123.000 euros en reformar parte da súa sede
Renovará máis da metade da planta que ocupa en San Caetano, incluídos despachos de asesores, á espera da prometida ampliación do complexo que xa non se iniciará nesta lexislatura
O Chanfaina Lab volve tornar San Sadurniño nun "universo de cinema"
A vila ártabra acolle do 1 ao 3 de setembro a cuarta edición deste encontro de cineastas co reto de realizaren traballos audiovisuais coas parroquias do municipio como escenario
Máis de 8.200 sinaturas no Parlamento para dignificar a Filosofía
Unha delegación de profesores desta materia, liderados polo decano da Facultade e a ex-deputada Carme Adán, entregan milleiros de firmas para unha iniciativa que levarán ao pleno varios grupos e nos que se defende que a historia do pensamento se volva impartir no Bacharelato
Membros do BNG ocupan simbolicamente o Pazo de Meirás para esixir a súa devolución
Militantes do Bloque despregan no histórico edificio pancartas contra a ditadura despois de que os herdeiros do ditador encomendasen a xestión das súas visitas á Fundación Francisco Franco
O BNG denuncia a Fundación Franco na UE e nas Nacións Unidas
O Bloque acode á Comisión Europea, a Eurocámara e a ONU pola "aberrante utilización e xestión das visitas" ao Pazo por parte da entidade franquista
Á procura dunha axenda para a escola infantil? Velaquí tes unha libre e en galego
Dúas nais e un pai lanzan unha axenda de escola infantil en galego baixo licenza Creative Commons para a súa libre descarga, impresión e uso.
"No tinc por": Galicia, presente na manifestación de repulsa aos atentados de Cataluña
O presidente da Xunta e os alcaldes da Coruña, Santiago e Vigo confirmaron a súa asistencia á manifestación convocada polo Concello de Barcelona e a Generalitat de Catalunya
A Xunta defende que ENCE realice obras sen licenza, esixida polo Concello
A empresa pretende levar a cabo as actuacións do seu proxecto de integración paisaxística no complexo de Lourizán sen autorización municipal. Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente, avala as intencións da compañía, pero recoñece que o Goberno local podería paralizar os traballos.
Armadiña Rock, decibelios "sen complexos" en Combarro
Bandas xa míticas como Heredeiros da Crus, Def con Dos ou Ruxe Ruxe forman parte do cartel da novena edición do Armadiña Rock, que se celebra ata o 27 de agosto en Combarro
O PSdeG expulsa o seu edil en Coristanco e desactiva a moción de censura
O concelleiro, agora no grupo dos non adscritos, asegura que seguirá adiante coa operación, que xa non conta cos votos suficientes para ter éxito. O PP culpa do rexeitamento da manobra "á radicalización que viven os socialistas".