Atentado terrorista en Barcelona: atropelo masivo nas Ramblas
13 persoas mortas e un cento de feridas logo de que unha furgoneta collese varias persoas na céntrica vía da capital catalá. Esta noite foron abatidos en Cambrils cinco terroristas que pretendían cometer un novo atentado
A Xunta insiste en que non ten competencias para actuar contra a Fundación Franco
O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que ao Gobenro galego só lle compete "garantir que a xestión do Pazo de Meirás se faga de acordo coa normativa do BIC (Ben de Interese Cultural)"
Oliver Laxe convive cos brigadistas para preparar o seu novo filme sobre os incendios en Galicia
O cineasta acompaña durante quince días os bombeiros que loitan contra o lume nos montes de Ourense para documentar a súa nova película, 'Aquilo que arde', que conta a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares
CCOO rexeita a proposta da Xunta para a apertura en festivos por prexudicar o pequeno comercio
O sindicato alerta de que a medida "fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies, as grandes beneficiadas, e o pequeno comercio de proximidade" e, ademais, precariza a situación do persoal. Entre 2008 e 2015 perdéronse máis de 20 mil empregos no comercio galego
O tren Ferrol-Ribadeo prosegue a súa decadencia, a pesar das promesas de melloras
Mantéñense os atrasos, as avarías e a ausencia de interventores, que implica que RENFE non contabiliza unha boa parte dos e das usuarias da liña. A Plataforma pola defensa do ferrocarril esixe que se reúna a comisión de seguimento, coa participación de Xunta e concellos.
A Coruña convida a descubrir os espazos literarios da cidade cunha guía turística
O Consorcio de Turismo edita unha publicación con lugares literarios e de memoria da Coruña, onde viviron escritores ou se localizaron institucións das letras e zonas que inspiraron ou homenaxearon diversos autores
Un fallo técnico puxo en risco o Alvia entre Galicia e Madrid en Puebla de Sanabria
Non estaba previsto que o tren se detivese na estación, pero o semáforo desviou o convoi cara a unha vía secundaria na que triplicaba a velocidade máxima recomendada. A situación, que se saldou sen feridos, tivo semellanzas coa vivida hai meses no accidente do Porriño, no que morreron catro persoas.
En Marea pide no Congreso a anulación do Consello de Guerra a Alexandre Bóveda
Miguel Anxo Fernán Vello presentou dúas proposicións non de lei e unha pregunta por escrito. Lembra que a Lei da Memoria Histórica contempla no seu artigo 3 a “declaración de ilexitimidade” das condenas.
O Festival Agrocuir da Ulloa busca "abrir o abano de posibilidades de existir"
Os días 25 e 26 de agosto terá lugar en Monterroso o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa, dedicado á defensa do bosque autóctono e á loita do colectivo trans. Mercedes Peón, Rodrigo Cuevas, Tanxugueiras, Radio Cos e Silvia Penide porán a música en dous días de concertos
"Facer V de Valarés neste espazo tan bonito xera un ecosistema musical invencible"
ENTREVISTA | Este venres e sábado celébrase en Balarés (Ponteceso) unha nova edición do festival, encabezado por Love of Lesbian, La Habitación Roja, Los Planetas ou Él mató un policía motorizado, cos galegos Bifannah ou Os Amigos dos Músicos. Falamos co director do festival, David Jiménez.
CoToVía, do galego escrito ao falado nun 'clic'
Despois dunha década de traballo, a Universidade de Vigo, o Instituto da Lingua Galega e o Centro Ramón Piñeiro presentaron este verán o sintetizador de voz, que permite a conversión de textos en cadeas orais
Un 'Día das Galegas nas Letras' dedicado "a todas aquelas cuxos textos foron omitidos"
Patricia Janeiro foi a protagonista da cuarta edición desta celebración, que incluíu un roteiro polo centro de Compostela e un xantar popular con recitais poéticos e actuacións musicais no Parque de Bonaval