Denunciadas catro navieiras por levar visitantes de máis ás illas Cíes
Os gardas do Parque Nacional das Illas Atlánticas alertan a Medio Ambiente do exceso de visitantes ao superaren as empresas o límite de billetes que se lles permiten vender
A Fundación Franco responde con outra provocación ás solicitudes para que se ilegalice
Logo de que Sada declarase "non grata" a familia do ditador, o BNG solicita ao Parlamento que os seus herdeiros sexan reprobados en Galicia e En Marea, que apoie todas as iniciativas do municipio. A entidade franquista gaba o ditador e di que debe defender as "vítimas da Fronte Popular"
CIG, CCOO e USO rexeitan a folga na seguridade do Rosalía de Castro e Alvedro
UGT anunciou o inicio de paros parciais a partir do 20 de agosto. Os outros tres sindicatos critican que a convocatoria se fixese "de costas" ao persoal e antes de iniciar o proceso negociador previsto coa empresa para demandar unha mellora das condicións laborais.
30 artistas homenaxearán a Narf nun concerto en Compostela
Timbila Muzimba, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Uxía, Jabier Muguruza ou Guadi Galego actuarán nunha noite na que tamén haberá presenza destacada do mundo do teatro galego. Será na Praza da Quintana o 30 de agosto.
De NCG Banco a Abanca: 1.000 empregos menos e 27 oficinas máis
CIG-Banca denuncia que a entidade resultante do rescate e privatización das antigas caixas destruíu 1.011 postos de traballo en tan só tres anos, o 20% do emprego existente antes da compra por parte de Banesco
Vilariño de Conso, Cea, Pantón e Maside, os concellos máis afectados polo lume
O incendios rexistrados esta fin de semana nos catro concellos arrasaron un total de 200 hectáreas. A Xunta advirte da elevada actividade dos pirómanos, co inicio de numerosos focos nocturnos. En Agolada, chegou a haber 20 lumes en 24 horas
Así foi a manifestación contra as touradas en Pontevedra
GALERÍA DE IMAXES | Máis dun milleiro de persoas participaron na marcha, celebrada o sábado, que pediu poñer fin á feira taurina da cidade, a única de Galicia. Tamén se demandou unha lei autonómica que protección animal que prohiba este tipo de espectáculos de maltrato
O 40% da mocidade que traballa en Galicia ten contratos de menos de medio ano
O mercado laboral continúa a acumular datos que confirman a precariedade e temporalidade da xente nova, tal e como se tira dun estudo elaborado por UGT-Galicia
A Coruña remunicipaliza as súas bibliotecas a pesar dos atrancos do Goberno central
Farao a través da Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (Emvsa), vencendo a prohibición de contratar ou subrogar traballadores dende os concellos. 3 das 8 bibliotecas municipais xa eran xestionadas de forma pública e agora uniranse as outras 5, con 64 empregados.
A dirección provincial do PSOE insta a "retirar" a moción de censura do seu edil en Coristanco
O único edil socialista pactara converterse en novo alcalde co apoio dos seis edís do PP en substitución do actual rexedor de Terra Galega. Leiceaga, Villoslada e Caballero rexeitan a operación que apoiara o líder provincial socialista, Julio Sacristán, corrixido pola executiva da Coruña
As portas que abriu Patricia Janeiro: novas perspectivas sobre feminismo e independentismo
Praza Pública
O guerrilleiro Antonio Pérez Barreiros, centro da homenaxe ás vítimas do franquismo en Verín
O 11, 12 e 13 de agosto a CIG organiza unha serie de actos para lembrar os efectos da represión da ditadura na comarca de Monterrei. Presentacións de dous libros e dun filme completan a programación.