Dous incendios en Monterrei afectan a 228 hectáreas
A Xunta considera controlados os dous lumes, un dos cales ralentizou o tráfico na A-52 e aproximouse a vivendas
Leiceaga súmase a Villoslada e Gonzalo Caballero como candidato a liderar o PSdeG
O portavoz socialista no Parlamento di que aos tres se lles supoñen “o galeguismo e a esquerda” e actuar “nas novas coordenadas do partido en Madrid”, pero que el quere ser un secretario xeral “sen etiquetas nin tutelas”.
Chané retorna da Habana a Santiago, o seu berce
Aos cen anos do pasamento do compositor, a praza da Quintana acolle este sábado un concerto con repertorio inédito que só poderá verse de novo o 3 de agosto na praza de María Pita da Coruña.
A conciliación familiar élles difícil a catro de cada dez persoas ocupadas en Galicia
Máis do 16% das mulleres traballadoras recoñece que a súa situación laboral condiciona a decisión de ser nai, segundo a Enquisa Estrutural a Fogares do IGE
Ames aproba unhas pioneiras bases para regular a publicidade institucional do Concello
O Concello busca "regular a contratación da publicidade, transparencia, fiscalización das relacións cos medios, garantir a utilidade pública e racionalidade da distribución dos anuncios e consolidar un espazo de comunicación plural". O texto podería ser a base para outros municipios
'A memoria dos meus pasos': unha novela de verán, este agosto en Praza.gal
A nova historia de Carlos Meixide transcorre no Porto e intérnase nunha trama de misterio grotesca, con personaxes "ás marxes da sociedade" tan grotescos como divertidos. Tras a edición por entregas, cada día do mes de agosto en Praza Pública, chegará a versión en papel d'A memoria dos meus pasos
A Xunta permite a fin dos parques de bombeiros privados pero só se non lle supón gastar máis
Alfonso Rueda esixe ás deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra que se comprometan a asumir todos os sobrecustos que poidan derivarse do paso a unha xestión pública. A institución lucense denuncia que o Goberno galego négase á equiparación salarial dos seus traballadores contraincendios
Oroso plántase ante Fomento polo enlace da AP-9 que leva meses rematado e pechado
O Concello, co apoio de toda a corporación, convoca unha manifestación este venres para "esixir" a posta en funcionamento dunha infraestrutura reclamada hai quince anos e finalizada desde maio, pero que continúa sen poder utilizarse. "Non é presentable nin defendible", di
ENCE triplica beneficios no inicio de 2017 e repartirá case 15 millóns entre os seus accionistas
A pasteira declara uns beneficios superiores aos 30 millóns de euros no primeiro semestre do ano. A Xunta rebaixoulle máis da metade das taxas por usar o peirao de Ribadeo para embarcar a pasta de papel que produce en Asturias
Os camiños son máis curtos co .gal: chega o acurtador galego de enderezos de internet
Nace i.gal, cuxo lanzamento coincide no tempo coa promoción que permite rexistrar dominios .gal por un máximo de 25 euros
O PSdeG avoga pola "autonomía do federalismo" ante o busto de Castelao en Rianxo
Pilar Cancela di que a formación galega se sente "cómoda" na definición de España plurinacional que promove a nova dirección do PSOE, que estivo representada por Adriana Lastra no acto do Día Nacional dos socialistas galegos
Villares reivindica as mareas cidadás e "unha nación alegre, solidaria e combativa"
O voceiro da formación gaba as candidaturas municipalistas, que pon como "exemplo" de "traballo de unidade popular e de empoderamento cidadán" para todo o país, e chama a construír "unha alternativa de esperanza" para a sociedade galega