Anova pide un "novo ciclo de rebeldía" fronte ao "réxime que nos nega como nación"
Antón Sánchez fai un chamado á "coordinación" de todo o "espazo de En Marea" e asegura que a formación que agora encabeza "non naceu para acomodarse"
Diversos concellos galegos animan a celebrar o Día Nacional con bandos e actos culturais
Consistorios gobernados polo BNG, as Mareas ou o PSdeG convidan durante esta semana as súas respectivas veciñanzas a unírense á celebración do Día Nacional
Día Nacional de Galicia: xornada de festa, política e ausencias
Galicia celebra este 25 de xullo un novo Día Nacional, cando xa pasou case un século dende que as Irmandades da Fala impulsaron as primeiras celebracións. Trinta e cinco anos despois de que a Xunta preautonómica oficializase a súa denominación oficial, aínda vixente, a data volve de forte actividade no ámbito político da esquerda e mais do nacionalismo, mentres que a Xunta non celebra acto ningún
- BNG | Pontón chama ante milleiros de persoas a "unir Galiza fronte ao centralismo caduco"
- En Marea | Villares reivindica as mareas cidadás e "unha nación alegre, solidaria e combativa"
- Anova | Antón Sánchez pide un "novo ciclo de rebeldía" fronte ao "réxime que nos nega como nación"
- PSdeG | Cancela avoga pola "autonomía do federalismo" ante o busto de Castelao en Rianxo
Galiza Nova volve reivindicar o legado de Rosalía e Castelao
"Os grandes problemas da mocidade galega seguen a ser os mesmos que no tempo no que escribiron, e só o nacionalismo ten solución para eles”, di a organización xuvenil do BNG
Apóstolo e Festigal, festa en Santiago para o Día Nacional de Galicia
Compostela volverá ser o epicentro festivo do país durante o 24 e o2 5 de xullo, mesturando celebración, música e reivindicación
Tres candidatos 'sanchistas' postúlanse xa para liderar o PSdeG
Gonzalo Caballero, Fernández Leiceaga e Díaz Villoslada amosan a súa disposición a competir polo liderado do socialismo galego. "Eu podo achegar algo máis ca outros á secretaría do PSdeG", di o actual portavoz parlamentario
A espera para operarse empeora a respecto de hai un ano e segue por riba dos 60 días que fixa a lei
Tamén aumenta a demora das consultas de especialistas, que pasa de 35 a 38 días
O PP homenaxea a Fraga por "consolidar o sentimento galeguista e a identidade"
Os populares galegos gaban a figura do ex-presidente autonómico en Vilalba no seu único acto polo Día Nacional de Galicia, marcado polas protestas de pais dos alumnos do CPI Monte Caxado das Pontes, que clamaron contra o peche do centro
Unha enquisa en seis hospitais galegos busca mellorar a atención ao ictus
O 22 de xullo celébrase o Día Mundial do Cerebro, que este ano escolleu como lema Unha de cada seis persoas no mundo ten un ictus unha vez na vida. A Federación Galega de Dano Cerebral puxo en marcha un proxecto para estudar a forma en que se trata en Galicia esta lesión.
O "colosal" parque eólico que ameaza unha serra virxe da Costa da Morte
Gas Natural proxecta unha enorme instalación con catro aeroxeradores dunha altura equivalente a un edificio de 40 pisos ante o esteiro do río Anllóns. Salvemos Cabana e a SGHN presentan alegacións polo importante impacto paisaxístico e sobre a fauna da zona.
O goberno local de Ourense queda sen cartos para servizos sociais
O alcalde Jesús Vázquez, que xestiona a cidade cuns orzamentos prorrogados desde 2014, asume a "gravísima" situación e pide á oposición que aprobe unha modificación de crédito para sacar 1,6 millóns do remanente que queda en caixa e atender "as necesidades da xente que máis o precisa"
Seis concertos para estrear o novo festival de blues de Lugo
Media ducia de grupos internacionais inauguran o Blues museum, o novo certame lucense que se celebrará os vindeiros días 21 e 22 na contorna do Museo Provincial