Poesía, Blues e viño con Yolanda Castaño e Lucía Aldao
Enocións by Ribeiro pretende ser moito máis que unha simple cata de viño. A música, a gastronomía ou a escena son algunhas das manifestacións culturais nas que o ciclo centra a súa atención
A empresa descualificada no concurso de helicópteros de salvamento denuncia a Xunta á Fiscalía
A firma critica que a Consellería do Mar esixa experiencia porque di que só a pode xustificar a empresa que xa está a operar, Inaer, pero asegura que si a teñen os seus pilotos
A homenaxe nacional de San Simón reivindica a memoria das vítimas dos campos de concentración franquistas
A Iniciativa Galega pola Memoria volve un ano máis a San Simón para, xunto a medio milleiro de persoas, recordar os represaliados pola ditadura e apostar pola recuperación do proxecto da Illa da Memoria
A Casa de Rosalía, "reinaugurada" 45 anos despois para encarar o futuro
A Casa da Matanza reabre cun espazo museístico renovado na xornada en que se fan 132 anos do falecemento da poeta. O papel da súa obra na Galicia contemporánea ou a súa vertente feminista, entre as novidades da exposición
Vigo estrea unha guía online para percorrer os seus murais urbanos
A web Vigo, Cidade de Cor amosa as 29 obras xa realizadas, ás que se engadirán 12 máis ao longo de 2017, co obxectivo de chegar a 100 no ano 2019. Galería de imaxes no interior
En Marea e o conflito positivo
Praza Pública
Terra da fraternidade: músicas de Galicia e o mundo no pórtico das festas do Apóstolo
O festival que abre as festas compostelás apóiase no éxito do Womex para reivindicar a cidade como "terra de acollida" a través da mestura de ritmos galegos e do resto do mundo
O edil do BNG en Cabanas denuncia ameazas por oporse ao plan de urbanismo
Iago Varela di que leva meses sufrindo “ataques de baixa intensidade” pero que non ten medo e manterá a súa postura
O Tek-Fest repite cita en Pontevedra unindo tecnoloxía e patrimonio
A segunda edición do encontro celebrarase do 25 ao 30 de setembro con contidos dedicados á realidade virtual, que poñerán en valor a memoria gráfica da cidade ou o seu pasado fabril e que renderán homenaxe a inventores galegos do século pasado.
A versión dos tesoureiros do PP: ceas e cheques a Fraga, pero nunca caixa B
Naseiro e Sanchís, antigos responsables das finanzas dos conservadores, describen entregas de talóns e recadacións en festas que eran supervisadas polo falecido ex-presidente da Xunta, pero negan ilegalidades na comisión do Congreso que investiga o financiamento irregular
"Os participantes nos cursos convértense en repetidores da cultura galega no estranxeiro"
Os cursos de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras chegan este ano á súa 30ª edición, con 80 alumnos e alumnas dunha vintena de países, que se unen aos 2.600 que xa participaron nos 29 anos anteriores. Falamos con Henrique Monteagudo, coordinador do programa
Polo 25 de xullo, dominios .gal a 25 euros
Entre o 14 e o 31 de xullo estará aberta unha promoción que permite adquirir o dominio galego a prezos reducidos (25 euros máis IVE). A campaña acompáñase dunha imaxe gráfica, realizada por ReiZentolo, que homenaxea a revista Nós