A primeira xornada no Festival Noroeste, en imaxes
GALERÍA DE FOTOS | O Festival Noroeste comezou este martes na Coruña. 6 días de concertos, cun cento de bandas en 15 espazos da cidade. Swans, Rosalía e Enric Montefusco brillaron na apertura do evento, que hoxe continúa con Rodrigo Leão, Ala.ni, Radio Océano ou Mourn.
A Mariña, Salnés e Lemos inician a mobilización contra a supresión das súas áreas sanitarias
Profesionais, entidades sociais e concellos destas tres comarcas denuncian que a medida anunciada pola Xunta en pleno mes de agosto é un paso máis no desmantelamento e centralización de servizos. O Barco de Valdeorras tamén está afectado por esta decisión.
O novo curso escolar trae máis docentes sen destino definitivo e máis itinerancias
CIG-Ensino denuncia que o catálogo de postos de traballo decidido pola Consellaría implica que o 18% dos mestres e mestras terán que impartir docencia en máis dun centro. O sindicato denuncia, ademais, amortizacións encubertas en Educación Infantil
Explotación laboral en Médicos Sen Fronteiras
Praza Pública
Unhas 1.800 hectáreas arderon en Galicia desde o pasado xoves
O grande incedio de Verín quedou controlado este domingo pola mañá e xa queimou unhas 1.400 hectáres, que se unen ás 250 ardidas en Pantón ou ás 70 arrasadas en Laza
Arte mollando os pés
“Parábola da Abundancia” Terry Berkowitz e Francesc Torres é un proxecto de instalación, video, fotografía... para o Museo do Pobo Galego (MPG). A costa máis oceánica de Galicia é o soporte físico -paisaxístico- desta exposición, o ponto de contacto do mar- en galego e másculino- e a terra, sempre muller
Uxío Novoneyra, tamén en xaponés
A primeira parte d'Os Eidos publícase en edición bilingüe galego-xaponés no país nipón xunto coa Nova Gramática Galega, da man do lingüista Takekazu Asaka
O primeiro gran incendio do verán arrasa máis de 1.400 hectáreas en Verín
CON VÍDEO | O incendio "intencionado" iniciado o xoves na parroquia verinesa de Vilamaior obrigou a cortar a A-52 e mais a N-525 e derivou en situación 2 pola súa proximidade a zonas habitadas, aínda que non houbo desaloxos. Foron arrasados montes de "gran riqueza forestal"
Xosé Vizoso, unha vida a ilustrar as festas (e a alma) do país
Unha exposición percorre na Coruña durante o mes de agosto o traballo como cartelista de Vizoso, cuxo traballo artístico xunto a Isaac Díaz Pardo foi fundamental en Sargadelos nunha xeración que "presentía, en maior ou menor medida, qeu estaban colaborando en algo importante para Galicia"
Revenidas: festa diversa, solidariedade e sardiñada á beira da ría de Arousa
O Revenidas 2017 achega unha trintena de bandas a Vilaxoán do 18 ao 20 de agosto e incrementa desta volta a súa oferta gastronómica e de actividades paralelas
Literatura, música, arte e moita festa neste agosto na Coruña
O pregón de Fernando Romay e o concerto de Xoel López dan comezo aos festexos de María Pita, que mesturan libros, certames culturais e moita música durante as vindeiras semanas
Gayoso sairá da cadea tras cumprir sete meses de condena
A Audiencia Nacional permite a saída da cadea do ex-presidente de Caixanova e Novacaixagalicia tras devolver o cobrado e tendo en conta a súa avanzada idade e o seu estado de saúde. Terá que colaborar coa asociación Érguete.